15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O EUROPARLAMENTARIO ANTOLÍN SANCHEZ PRES

Actualidade

O EUROPARLAMENTARIO ANTOLÍN SANCHEZ PRESEDO PRESENTA UNHA PREGUNTA O PARLAMENTO EUROPEO PARA COÑECER O ALCANCE E AS CONSECUENCIAS PARA PORRIÑO DO EXPEDIENTE ABERTO POLA OLAF CONTRA O CONCELLO DO PORRIÑO POLO DESTROZO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA NATUREZ

O PSOE do Porriño pedirá explicacións a Raúl Francés sobre a situación do expediente europero polo destrozo do Centro de Interpretación da Natureza de As Gándaras

 

18/03/2009

 

O Europarlamentario socialista Antolín Sanchez Presedo, ven de presentar unha pregunta no Parlamento Europeo para coñecer o alcance da investigación da Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF) sobre o destrozo do Centro de Interpretación da Natureza de As Gándaras, informaron esta mañá dende o grupo municipal socialista do Porriño.

O Grupo Municipal Socialista do Porriño anuncióu tamén,  que o seu grupo pedirá ó alcalde Raúl Francés que dé explicacións por escrito sobre a situación aberta a raíz da investigación europea aberta ó Concello do Porriño pola situación de abandono do Centro de Interpretación da Natureza de As Gándaras, que supuxo un coste de 400.000 euros, e que nunca se chegou a inaugurar.

Os socialistas afirman que, o Concello debe explicar por qué se chegou a esta situación e cales serán as consecuencias económicas para o Concello do Porriño. E para elo, anuncian unha pregunta por rescrito que presentará nesta semana.

Os socialistas, informan que a Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF) abriu un expediente para alcarar qué aconteceu e pedir o reingreso das cantidades invertidas pola Unión Europea no Porriño, o cal pode ter importantes consecuencias para as arcas municipais do Porriño. É por elo que os socialistas entenden que Raúl Francés, alcalde dende o 2003, un ano despois de que remataran as obras e responsable da área de medio ambiente dende entón ata esta lexislatura, debe explicar por qué non se fixo caso dos grupos que pedían facer fronte ó deterioro do Centro e poñelo a andar.

Esta iniciativa, súmase á pregunta que o Europarlamentario Antolín Sanchez Presedo ven de presentar no Parlamento europeo (que adxuntamos) para aclarar entre outras cosas, quén asumía a obrigación de recepción e conservación das obras, quén era responsable da xestión e mantemento do Aula, e cal é a situación actual do expediente e qué medidas ten adoptado ou pensa adoptar a Comisión Europea.

Segundo o PSOE do Porriño, este expediente pode desenvocar en que o Concello teña que devolver máis de 150.000 euros de fondos europeos ademáis dos fondos propios que utilizou, o cal pode supoñer un importante quebranto das arcas municipais, ademáis de representar un duro golpe á imaxe do Concello do Porriño en Europa e unha grave irresponsabilidade medioambiental.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera