15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE tilda de despilfarro a cuberta da

Actualidade

O PSOE tilda de despilfarro a cuberta da pista de Pádel e pide xa o Orzamento para o 2012

O Grupo Municipal Socialista do Porriño, afirmou hoxe a través do seu voceiro económico, Iván Vaqueiro, que gastar nos tempos que corren, 50.000 euros en cubrir a pista de Pádel inagurada no mes de Xullo de 2011 non só é un despilfarro, senon que é un despropósito na planificación e pide xa a presentación dos orzamentos de 2012

 

24/01/2012

 

  O PSdeG-PSOE do Porriño, a través do seu voceiro económico, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que gastar como anunciou o Concello fai uns días, 50.000 euros en cubrir a pista de Pádel inagurada o pasado mes de Xullo de 2011,  representa un gasto non só absolutamente non prioritario nestes intres, senon un auténtico despilfarro.


              "A Nelson Santos parece que lle preocupe máis xogar o pádel que atender os colexios, pois xa leva gastado máis na pista de pádel (o custe da súa construcción en xullo de 2011 foi de outros 50.000 euros) que todo o orzamento de mantemento dos colexios do Porriño. Iso sí, xogar ó padel sen mollarse. Por certo, dende o PSOE queremos regalarlle o señor Santos unha guía turística de Galicia, porque aquí, por se non o sabía, chove"
              
              Vaqueiro tildou de falta de respeto ó Alcalde por falar de austeridade, e logo aumentar de maneira tan importante os custes de proxectos de dubidoso interese social ou gastos non prioritarios como é o de cubrir a pista de padel, nestes intres nos que teríamos que estar todos destinando os fondos a temas de maior interese, como gasto social, educativo ou o fomento de emprego.

      Inexistente planificación económica

          O voceiro socialista en economía, Iván Vaqueiro, resumiu esta desorganización económica na inexistente planificiación económica municipal. Case estamos rematando xaneiro e inda non temos o borrador dos orzamentos para este ano, cando no 2011 se nos vendeu a bombo e platillo que se presentaba por primeira vez un orzamento antes de acabar o ano. Pasou o ano e non supemos de ningún orzamento máis.

        O socialista afirmou que as cifras de execución orzamentaria de 2011 foron penosas: apenas se executou o plan de inversións, pero iso si, o alcalde recoñeceu 600.000 euros en facturas gastadas sen procedementos de contratación de ningún tipo nin partidas. Un auténtico escandalo orzamentario que levou seguno Vaqueiro, a ter que subir escandalósamente a taxa de lixo ós comercios e  empresas do Porriño. "Este goberno primeiro gasta, e logo se da conta que non ten cartos. Conclusión: que a festa a paguen os veciños."

      "Con este alcalde, O Porriño, perderá este ano a súa situación de saneamento económico- afirmou Vaqueiro-. O acual alcalde herdou unha boa xestión económica de gobernos anteriores que con esforzo conseguiron sacar o concello do Remanente de Tesourería Negativo no que o deixoi o PP ata o ano 2003. Por fin, no ano 2009, se conseguiu tras anos recortando o remanente negativo, chegar a superavit no remanente, e este alcalde en menos de dous anos, rematou co remantente e está a volver a meter ó concello nunha situación de desfase orzamentario."

  "Pregúntámonos dende o PSOE, vendo ritmo de gasto deste alcalde e a falta de procedementos, cantas facturas ten no caixón, sen recoñecer, pten este goberno. Lle pedirmos ó goberno que deixe de despilfarrar e que se centre nos problemas reais dos cidadáns"

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera