15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE esixe a anulación do contra

Actualidade

O PSdeG-PSOE esixe a anulación do contrato de compra da nova barredora municipal o detectar un sobrecoste de 30.000 euros

O PSdeG-PSOE do Porriño anunciou hoxe unha moción no vindeiro pleno para esixir a anulación do procedemento de contratación dunha barredora por parte do Concello que supera en 30.000 euros o coste real de mercado e advertiu, visto o informe desfavorable do Interventor, que estudiará medidas legais se o concello non da marcha atrás.

 

19/10/2011

 


    O Grupo Municipal socialista anunciou hoxe a presentación dunha moción urxente no vindeiro pleno para solicitar  a anulación do procedemento de contratación dunha barredora municipal (publicada o pasado 15 de Outubre no BOP)  na que os socialistas veñen de detectar un sobre coste de 30.000 euros sobre prezos de mercado.

       Segundo os socialistas, este procedemento de contratación (negociado sen publicidade), ven de adxudicar a unha empresa a compra dun modelo de barredora que costa no mercado 41.000 euros, por unha cantidade de 72.000 euros máis IVA, é dicir, 32.000 euros por riba de prezos de mercado, algo incomprensible e que vai totalmente en contra da "falsa austeridade do Concello". "Temos datos que amosan que o coste que vai pagar o Concello por ese modelo de barredora, é 30.000 euros máis caros que o prezo de mercado actual para ese modelo de barredora. Queremos saber por qué se fai isto."

     O PSOE afirma que quere saber o por qué de este sobrecoste e por qué esta operació non saiu a concurso. Os socialistas denuncian ademáis, que o Concello está en poder da mesma dende o pasado mes de Marzo, e sen embargo, é agora cando se merca. Segundo os socialistas, a empresa adxudicataria ademáis, non dispón de servizo técnico para para realizar o mantemento, e se obviaron deliberadamente outras empresas que podían licitar esta barredora a prezos máis asequibles. "É máis, sabemos que as outras empresas invitadas ó procedemento, non se adican a estas labores e nin siquera presentaron oferta ó procedemento, polo que só se presentou a da empresa adxudicataria, IRAGO. Un procedemento por certo, que conta co informe desfavorable do Interventor Municipal".

   Os socialistas consideran altamente preocupante a política de contratación do concello e afirman que pedirán explicacións a Nelson Santos por estes feitos no vindeiro pleno.

   Despidos improcedentes


Asimesmo os socialistas pedirán explicacións polas indemnizacións a varias persoas despedidas polo concello (orientadora laboral, telefonistas do concello, etc...),que o concello debe facer fronte por sentencias xudiciais que o concello está a recibir,  que poderían superar os 100.000 euros. "Cando se despide a traballadores municipais por motivos polítivos como estes casos, ó final os porriñeses teremos que ser os que pagamos estas sentencias pola nefasta xestión de persoal por parte do Concello"

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera