21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / O PSdeG-PSOE do Porriño propón a Luis Pi

Vida Orgánica

O PSdeG-PSOE do Porriño propón a Luis Piña e Eva García de la Torre para as listas do Congreso dos Deputados e a Francisco Rodríguez Loureiro ó Senado

O Secretario Xeral dos Socialistas do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe para valorar o inicio do curso político tras o verán e informar dos acordos da Asamblea Socialista na que se aprobou a proposta de apoiar a voceira municipla Eva García de la Torre, ó deputado e Secretario de Organización Provincial Luis Gómez Piña e o concelleiro laliniense Nicolás González Casares como membros da candidatura socialista ó congreso dos deputados pola Provincia de Pontevedra. Os socialistas apoiaron tamén a Antón Louro e ó porriñés Francisco Rodríguez Loureiro como candidato ó Senado.

 

18/09/2011

 


A nova portavoz socialista, Eva García de la Torre, o deputado Luis Gómez Piña e Nicolás González Casares de Lalín foron os tres candidatos propostos polos socialistas do Porriño ó Congreso dos deputados, dentro do proceso provincial de elaboración de listas que se está a realizar estas semanas, segundo informou Iván Vaqueiro, secretario xeral local.

 

"Pensamos que a labor de Luis Piña representa un exemplo de cercanóa ás agrupacións locais e ós electores que se debe promocionar e valorar. Nestes intres, afirmaba Vaqueiro, persoas como Luis Piña son un valor en alza no PSOE Provincial e Galego, ademáis de representar a necesaria renovación xeneracional. Piña conta coa nosa confianza porque amosou no pasado ser unha persoa de palabra, altamente confiable e comprometido con Pontevedra. Por iso na nosa Agrupación o tivemos claro dende o principio."

 

Por outra parte, os socialistas locais apoiaron a Eva García de la Torre, por ser unha persoa con moito futuro e altamente capacitada para representar ó socialismo porriñés. ·"García de la Torre, amosou xa nestes primeiros meses de lexislatura, unha alta capacidade, coñecemento e compromiso con Porriño e cos seus veciños. É a sorpresa desta lexislatura e unha persoa altamente respetada entre a poboación polo seu traballo, coñecementos e compromiso. Os socialistas porriñeses estamos moi ben representados por ela, da que agardamos moito"

 

Por último Vaqueiro citou as persoas de Nicolás González Casares, de Lalín, que acompaña na proposta porriñesa a Piña e García de la Torre, e a Anón Louro ó Senado, do que Vaqueiro destacou o seu compromiso con Porriño. Ó senado os porriñeses propuxeron tamén ó seu secretario de poñítica municipal e numero tres da candidatura local socialista, Francisco Rodríguez Loureiro, responsable de Laboratorios de Lonza Biologics. "Francisco Rodrñíguez é unha persoa con amplos coñecementos e agardamos que poida ser incluido nas listas ó Senado"

 

 

Nova Sede Socialista.

 

Vaqueiro aproveitou para valorar os primeiros meses de lexislatura do actual goberno como de continuismo e observou que o PSOE mira con gran preocupación a mala xestión económica do goberno que se adica a realizar gastos sen partida e a endebedar o Concello, e a pesar de tratar de dar unha falsa imaxe de austeridade, non lles importou subirse os soldos e contratar a dedo a persoas afíns, como a secretaria da concelleira de Educación, que cobra 3000 euros o mes.

 

Por último Vaqueiro informou do cambio de sede socialista que se está a realizar e que se presentará nas     vindeiras semanas. A actual sede socialista da rúa Antonio Palacios pasará a estar ubicada na rúa Prolongación Fernández Areal, a carón dos Antigos Xulgados, actual sede das Asociacións do Porriño. "Será unha sede máis moderna e innovadora, mas preto dos veciños e que servirá para atender mellor as súas demandas e necesidades.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera