15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE tilda de "saqueo" ás arcas

Actualidade

O PSdeG-PSOE tilda de "saqueo" ás arcas públicas o recoñecemento de 320.000 euros de facturas de gastos sen partida en época electoral

A Portavoz Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño,.Eva García de la Torre valorou hoxe o primeiro pleno da corporación neste inicio do curso político, lamentou "o tono bronco dun pleno, onde puidemos observar cómo o alcalde se referiu ata en 5 ocasións a un concelleiro da oposición, ó que tildou de "desgraciado" , afirmando que "un alcalde debe ser o primeiro que de exemplo de respeto ós concellleiros/as"

 

30/08/2011

 


A nova portavoz socialista, Eva García de la Torre, realizou hoxe unha primeira valoración do pleno da corporación celebrado onte, luns 29, afirmando que lamenta "especialmente os duros insultos que o alcalde proferiou, e o tono bronco do pleno. O PSOE nunca entrará en insultos e descalificacións como os que onte puidemos escoitar no pleno, porque a o valor da nosa actuación reside na forza dos argumentos, non no insulto e a descalificación"

 

De la Torre foi moi crítica co recoñecemento de crédito por valor de 323.000 euros que o goberno aprobou onte, de gastos realizados sen procedementos de contratación, con reparos do propio interventor, e sen partida presupuestaria. A concelleira afirmou que nos atopamos ante un "saqueo electoral de fondos públicos por parte do PP, que non lle importou gastar 50 millóns das antigas pesetas en obras sen partida e pasando por alto o procedemento de contratación. Algo que non podemos compartir e que amosa o estilo de este alcalde, que non é outro que o de pasar completamente da lei e dos procedementos.

 

A voceira socialista aformou ademáis que "estas facturas se cargarán sobre a partida para o soterramento das liñas de alta tensión de Torneiros, amosando que este goberno non lle preocupa Torneiros. A eliminación da partida de soterramento das liñas de alta tensión de Torneiros é a plasmación de que Nelson Santos perdeu os 5 millóns de euros que a Xunta e Fenosa asinaran con Concello no ano 2007 e que nin durante o goberno do BNG nin agora o do PP foron quen de executar. Torneiros e Porriño perderon 5 millóns de euros para soterramento de liñas de media e alta tensión"

 

Outro tema que suscitou a crítica dos socialistas foi o intento por parte do goberno de regularizar el uso en precario sobre una porción de terreno municipal de mais de 25.000 m2, calificado urbanisticamente como Suelo Rústico, ata agora ocupada en precario por unha empresa de construcción, a través dunha segregación da parcela matriz, "algo a todas luces ilegal, como o mesmo secretario recoñeceu, dacordo co artigo 207 da LOUGA, que recoñece que se prohiben as parcelacións en suelo rústico.·" De la Torre afirmou con contundencia que o PSOE, tras a aprobación inicial do pleno, alegará este pliego de arrendamento ó considerar que o seu fin, é irrealizable pola propia lexislación urbanísitica, e advertiu ó concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, que non consentiremos "trapalladas urbanísticas".

 

Por último, o PSOE lamentou que o goberno local non considerase un tema "urxente", a moción socialista para aprobrar unha orden de subvencións para que o concello subvencionase ás familias porriñesas a merca de libros de texto. Está claro que para o PP do Porriño é máis importante facer "festas da espuma" ou en contratar á orquesta panorama que os problemas reais dos porriñeses.

 

O pleno rematou coa intervención do concelleiro do PSOE Iván Vaqueiro que tildou de infantilismo político de Nelson Santos a súa decisión de non asistir ó Pleno da Mancomunidade de Vigo, e cunha pregunta na que Vaqueiro preguntaba a Santos "¿Parécelle señor Santos, un bó exemplo educativo ós nenos e nenas do Porriño, que dende o concello se patrocine nos medios de prensa a idea de que as persoas no concello para conseguir algo teñen que pedirlla ó alcalde, inda que sexa a través dunha carta? A min pareceume francamente penoso que se trate de patrocinar en prensa un falso paternalismo que nos devolve ós tempos do caciquismo. Lle pido que respete educativamente ós nenos e nenas.


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera