15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE deixa en evidencia ó goberno de N

Actualidade

O PSOE deixa en evidencia ó goberno de Nelson Santos, incapaz de explicar o aumento do gasto en soldos e a discriminación das mulleres

Eva García de la Torre e critica o aumento de gasto en adicacións e afirma que Nelson Santos pretende abrir no Porriño "unha floristería" pola súa falta de respeto ás mulleres do goberno, claramente discriminadas en áreas e soldos.

 

05/07/2011

 


  O primeiro pleno da VIII lexislatura deixou onte os primeiros enfrentamentos entre o goberno e a oposición ó criticar o PSOE o aumento de soldos e a clara discriminación das mulleres en areas e soldos.

 

  A Portavoz Socialista, Eva García de la Torre, que se estrenaba nas labores da portavocía, amosou dende o primeiro momento, a súa oratoria para desmontar a falsa "austeridade" que Nelson Santos pretende venderlle ós cidadáns nas adicacións exclusivas ó afirmar o propio interventor, o aumento de gasto en Soldos.

 

 "Se contamos os soldos dos concelleiros e o do alcalde e dos postos de libre designación (entre os que se atopan o secretario do alcalde, cuñado do alcalde, e a asistente da concelleira de Educación, que cobra 36.000 euros ó ano), a cantidade global de gasto de este goberno, ascende a  286000 euros, ós que debemos sumarlle o gasto da asistencia técnica que o alcalde contratou para levar o gabinete de prensa do Concello.

 

  Outro dos puntos de fricción entre o PSOE e o Goberno, se debeu á clara discriminación ás que se ven sometidas as catro concelleiras que forman parte do goberno, que só ven recompensado o seu traballo coa metade do soldo dos homes, e que foron discriminadas na composición da Xunta de Goberno Local, feito que o PSOE estudiará por se incumple a Lei de Igualdade, e nos representates do Concello na Mancomunidade, na Edar e no Consorcio de Bombeiros. 

 

  Segundo Eva de la Torre,  "esta discriminación amosa que Nelson Santos parece non creer na muller e pretende crear unha floristería no Porriño, á vista de como trata ás mulleres no seu goberno. En Porriño existen mulleres de sobra preparadas para facer as labores de goberno e con esta actitude, Nelson Santos amosa o seu rechazo á valía da muller e da moi mal exemplo"

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera