15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE do Porriño pide a reincorpo

Actualidade

O PSdeG-PSOE do Porriño pide a reincorporación dos catro traballadores despedidos polo Concello que xestionaban a centralita do Concello

A Portavoz Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño,.Eva García de la Torre pediu hoxe ó alcalde que non deixe na rua a catro persoas que levan anos traballando no Concello e que é unha hipocresía vender que se crea emprego e logo despedir sen contemplacións a traballadores municipais.

 

27/06/2011

 

 

A Portavóz Municipal Socialista, Eva García de la Torre,   manifestou hoxe, tras coñecer a decisión de Nelson Santos de non renovar a catro traballadores do Concello do Porriño que traballaban atendendo a centralita do Concello do Porriño, feito que deixou sen servizo a mesma e que está a afectar a moitos veciños do Concello, que o PSOE pedirá a reincorporación dos traballadores ós consideralo unha decisión arbitraria e unilateral polo Concello.

 

Os catro traballadores, dous homes e dúas mulleres, levaban anos prestando servizo na centralita do Concello, foron notificadas fai un par de días polo concelleiro de persoal Jose Manuel Jacobo, da fin do seu contrato sen aportarlles ningunha explicación nin dar opción a seguir realizando o seu traballo. Este feito levou aparellado o remate do servizo de información ós veciños do Concello que realizaban estas persoas ó desviar o goberno local o teléfono da centralita do Concello ó teléfono da Policía Local, algo que segundo os socialistas, empeora claramente ó servizo do Concello ós cidadáns e limita a actividade da Policía Local.

 

García de la Torre preguntouse se ese despido atende a intención de Nelson Santos de contratar a persoas afíns e lamenta a hipocresía dun alcalde que "é quen de sair na televisión tratando de vender a súa bondade como conseguidor de traballos para logo despedir sen compasión a persoas que levaban anos prestando servizo no Concello e que nalgún caso, afectan a situacións familiares ou de persoas con complexa incorporación laboral."

 

A Portavoz do PSOE manifestou o apoio de todo o PSOE ós traballadores despedidos por Nelson Santos e afimou que preguntará ó alcalde no próximo pleno as razóns da non renovación destas persoas e cal será o futuro da centralita do Concello, que na acutalidade, ten o teléfono desviado cara a Policía Local. " A Policía debe atender as urxencias, pero existen moitas persoas que demandan información municipal todos os días que lles está a ocupar moito tempo, limitando as súas verdadeiras funcións policiais", afirmou de la Torre.

 

 "Temos un alcalde ó que non lle importa sair no programa de Ana Rosa Quintana pero que logo toma    decisións que xenera máis desemprego e amiguismo no concello."

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera