15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE pide reducir o número de ad

Actualidade

O PSdeG-PSOE pide reducir o número de adicacións exclusivas e parciais do goberno local.

A Portavoz Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño,.Eva García de la Torre informou hoxe que o seu grupo pedirá reducir o número de adicacións exclusivas e parciais do goberno local, que na actualidade ascenden a 300.000 euros, ási como o soldo do Alcalde que agora cobrará tamén como deputado provincial, ó consideralas excesivas.

 

23/06/2011

 


A Portavóz Municipal Socialista, Eva García de la Torre, manifestou hoxe que "segundo as nosas informacións, o Alcalde Nelson Santos pretende gastar 288.000 euros en soldos co novo goberno, marcándose o alcalde un soldo de 38.000 euros, catro adicacións exclusivas de 36.000 euros para Jose Manuel Jacobo, Manuel Carrera, Marcelino Coto e Alejandro Lorenzo, e catro adicacións parciais para Ana Paradela, Tere Veloso e as dúas novas concelleiras de Budiño e Pontellas. En total, se lle sumamos o soldo do secretario particular do alcalde, o cuñado de Nelson Santos, o gasto en soldos do goberno local será de 288.000 euros, algo que con 10 concelleiros, consideramos excesivo"

 

Segundo García de la Torre, non ten sentido ter 5 adicacións exclusivas, polo que o PSOE propondrá eliminar dúas adicacións exlusivas e mesmo algunha parcial, dado que con 10 concelleiros, sobra persoal para repartir as áreas de goberno, tendo en conta que algunhas persoas nin aparecen polo concello polas mañás, tendo que contratar persoal para facer as súas xestións, como é o caso da área de Educación.

 

García de la Torre afirmou tamén que pedirá que o Alcalde se recorte o soldo á metade, xa que ó ser deputado provincial, cobrará 18.000 euros ó ano, ademáis dos 38.000 euros que pretende poñerse como soldo no concello, o que ascende a 56.000 euros ó ano que cobraría Nelson Santos. "Nos parece desproporcionado que o alcalde cobre esas cantidades, sobre todo nestes tempos, e pediremos que se recorte o soldo a metade para aforrar cartos para o Concello".  Os socialistas, afirmou a súa portavoz, pediremos que se recorten dúas adicacións exclusivas, unha parcial  e que o alcalde se recorte o soldo pola metade, polo que o Concello aforraría 76000 euros.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera