15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE do Porriño prepara a súa ex

Actualidade

O PSdeG-PSOE do Porriño prepara a súa executiva para asumir “dende o primeiro dia, a labor de oposición”

O Secretario Xeral do Partido Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe para informar dos acordos da Asamblea Local do partido no Porriño, logo de valorar os resultados nas eleccions municipais e aprobar a modificación da actual executiva local..Eva García de la Torre asume a Portavocía do Grupo Municipal Socialista, a Vice-Secretaría Xeral e será delegada do PSdeG-PSOE do Porriño na Comisión Executiva Nacional Galega.

 

11/06/2011

 


Iván Vaqueiro compareceu hoxe ante os medios para informar do resultado da Asamblea Xeral dos militantes celebrada onte pola tarde, na que se debatiu de forma extensa, crítica e constructivamente sobre os resultados obtidos nas eleccions municipais celebradas o pasado día 22 de maio. “Os socialistas iniciamos dende xa a labor que nos encomendaron os cidadáns, que é o de exercer o papel de oposición, que realizaremos de maneira crítica e constructiva”

 

Logo do debate sobre os resultados, se someteron a consideración da Asamblea cambios na composición da Executiva Local, para a súa ampliación, cos nomeamentos como Secretario de Organización de Orlando Márquez López e de Zoe Vázquez como Vicesecretaria de Organización. O PSOE reforza a labor de apoio ó grupo municipal coas incorporacións de Francisco Rodríguez Loureiro como Secretario de Política Municipal, Ramón Giráldez, que asume a área de Movementos Sociais e Elena Alonso, que asume a Secretaría de Política Institucional para asesorar a labor do grupo municipal socialista. Tamén se incorpora Jose Luis Fernández Vázquez, como Responsable Territorial para a Entidad Local de Chenlo. Santiago González Carballal continua como Secretario de Medio Rural e Luis Fernández da Costa asume a secretaría de Relacións Laboráis. Á  fronte da agrupación local socialista continuará como Secretario Xeral Iván Vaqueiro, asumindo a Vicesecretaría Xeral Eva García de la Torre.

 

Vaqueiro informou tamén que Eva García de la Torre, asumirá a labor de Portavoz do Grupo Municipal Socialista, sendo este nomeamento, un feito novedoso na corporación, xa que por primeira vez, unha muller asume a Portavocía dun Grupo Municipal.

 

Elección do novo vocal no comité nacional galego.

 

A asamblea socialista escolleu ademáis ó novo delegado da agrupación no Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE, que recaeu en Eva García de la Torre que elixida por abrumadora maioría dos presentes, como membro da executiva nacional galega, cubrindo a vacante deixada polo anterior delegado no Comité Nacional.



 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera