13 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Mocións / Moción do grupo municipal socialista sob

Mocións

Moción do grupo municipal socialista sobor da designación de representantes nos consellos escolares.

Pleno municipal do 6 de novembro de 2008.

 

Toma o uso da palabra DON NICOLÁS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN para dar lectura da moción co seguinte contido literal.

A competencia municipal no eido da educación, comporta todavía, unha serie de importantes compentencias municipais. Unido o mantemento dos centros, ou ó apoio á comunidade educativa, vía actividades extraescolares, ou de calquera outro ámbito, o Concello debe e ten a obriga de ter unha política educativa municipal. Para elo, é necesario ter presencia nas institucións educativas nas que corresponda estar, neste caso falamos dos Consellos Escolares Municipais, cando menos dos cinco CEIP e dos dous institutos, amen de outras institucións do eido educativo que poidan existit. Comprobamos nembargantes, un esquecemento absoluto de este papel por parte do Concello. O Alcalde, que ostenta as competencias no eido educativo, non nomeu aínda representantes da Corporación nos Consellos Escolares, como se fixo fai 5 anos, polo que varias ANP AS nos teñen manifestado a súa preocupación por este asunto. Estamos dispostos a apoiar unha proposta do goberno neste eido, e incluso a colaborar na representación municipal no eido educativo, pois e necesario que a presencia sexa constante. Independentemente da relación que poida existir cos Directores de colexios; convén nomear os representantes municipais.
Durante catro anos o PSdeG xestionou a responsabilidade da Concellería de Educación, asistindo a cantas reunións nos solicitaron asistencia, tratando de facer o que o Consello Escolar nos demandaba, se atopaba dentro do razoable e se podía facer polas limitacións orzamentarias que existían. Agora convén facer o mesmo, polo que presentamos a seguinte moción para a súa aprobación polo Pleno da Corporación.


Que o Goberno presente no seguinte Pleno unha proposta de representantes da Corporación nos Consellos Escolares do Porriño.


Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta aprobada cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do Pleno Corporativo.

A continuación, intervén o Alcalde para indicar que a competencia para a adopción do acordo proposto é do Alcalde que non ten a intención de efectuar ningún tipo de delegación nesta cuestión. Indica tamén que o Concello non está nos consellos . escolares dos centros porque normalmente nestes órganos tómanse decisións que afectan a cuestións internas dos centros. Considera que o Consello Escolar municipal como foro de debate está obsoleto e se traballa en presentar un novo modelo de foro de debata das políticas educativas municipais.


Toma o uso da palabra DONA ANA MARTINEZ SAAVEDRA do grupo municipal popular para denunciar que o concello pasa por alto tanto o Consello Escolar municipal como os Consellos escolares, e non entende que estando na vida educativa e sendo competencia municipal e do Alcalde intervir nas políticas educativas nin tan sequera se teñan nomeados ós representantes municipais nos consellos escolares.

 

A continuación, o Alcalde somete a moción a votación resultando aprobada co seguinte resultado.

 

VOTOS A FAVOR: 12 DOS CONCELLEIROS/AS

  • DON MANUEL CARRERA PUNZÓN (PP)
  • DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ (PP)
  • DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO (PP)
  • DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA (PP)
  • DON GONZALO ORDÓÑEZ PUIME (IdeP)
  • DON MARCELINO COTO TRONCOSO (IdeP)
  • DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ (PSdeG-PSOE)
  • DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN (PSdeG-PSOE)
  • DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO (PSdeG-PSOE)
  • DON JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY (CxP)
  • DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ (CxP)
  • DONA MARÍA DO CARME LÓPEZ PALACIN (CxP)

VOTOS EN CONTRA: 0

ABSTENCIÓNS: 5

  • DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ (BNG)
  • DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ (BNG)
  • DONA OBDULIA DÍNIZ CARLOS (BNG)
  • DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVÁS (BNG)
  • DONA MIRIAM MARTÍNEZ TRONCOSO (BNG

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera