15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / García de la Torre tilda de cortina de f

Actualidade

García de la Torre tilda de cortina de fume do PP a foto de Santon con Carrera e Coto para ocultar a "xaula de grillos na que Santos convertiu o PP do Porriño"

A secretaria de política municipal, Eva García de la Torre e número 2 da candidatura do PSOE de Porriño, compareceu hoxe para valorar as declaracións feitas polo Alcalde do Porriño, Nelson Santos sobre a pretendida unión do PP.

 

20/04/2011

 

A secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, valorou hoxe as declaracións feitas onte, polo Alcalde do Porriño nas que se intenta tapar o que xa e un clamor no pobo: “A xaula de grillos en que o Sr. Santos convertiu o PP do Porriño. O mellor que se pode dicir das declarancións de onte y da foto dos tres implicados e a locución latina excusatio non petita, accusatio manifesta.


 A número dous do PSOE, declarou que todo o “guirigay” montado no seno do PP amosa as claras que o actual equipo de goberno está mais preocupado polos seus problemas internos que por dar resposata os problemas dos cidadans, producindo de feito unha paralización no Concello porque o Sr. Alcalde anda a traballar de “fontanero”, tapando las fugas que se lle producen cada vez que abre a boca anunciando un posto na candidatura.


O Socialistas xa advertimos no mes de Septembro da división interna do equipo de goberno, no que faltan non só programa, senon ideas e, o que é mais grave, vocación de servizos os cidadans.
Os veciños e veciñas do Porriño saben o que se “cuece” dentro do Concello con este goberno e cambiarán as cousas o próximo día 22 de maio.


“Produce vergoña allea leer no periódico declaracións como as que fixo onte el Sr. Santos, de que o PP tiene “unha candidatura sin líderes, nin personalismos, nin postos, que traballa conxuntamente”. Produce vergoña porque insulta a intelixencia da cidadanía de Porriño, tentando facer ver o que non existe. En todo caso, si que lle damos a razón o Sr. Nelson Santos o dicir que súa candidatura non ten líderes. É verdade: ten un xefe supremo e o que se move non sae na lista ironizó García de la Torre.”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera