21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Mocións / Moción do grupo municipal socialista sob

Mocións

Moción do grupo municipal socialista sobre a elaboración de plan de accións correctivas dos olores derivados da actividade da empresa Frigolouro.

Pleno municipal do 6 de novembro de 2008

 

Toma o uso da palabra DON NICOLÁS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN para dar lectura da moción co seguinte contido literal.

Dende fai xa un tempo, son moitas as queixas cidadáns o respecto do olores derivados da actividade da empresa Frigolouro, que produce un evidente deterioro da calidade do aire que afecta a todo o casco urban, froito da falta de control dun control real e efectivo por parte da empresa, das emisión de olores froito do proceso produtivo que realizan a beira do casco urbán, que, logo un tempo no que se tiñan minimizado, fai un par de anos, voltaron nestes últimos meses a ter un importante impacto da veciñanza.
Dende o Partido Socialista entendemos que tal e como recoñece o artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local, cando se refire a protección da salubridade pública, o control da mesma e de competencia municipal, polo que, segundo os solicialistas, o Concello debe velar porque a empresa faga os pertinentes controis sobre os olores que desprende a súa actividade, algo que descoñecemos se se está a realizar, polo que o PSOE, erre que o goberno debe, pola vía de urxencia, realizar ou adxudicar a elaboración dun informe de olores que confirme esta contaminación, no que se recolla ademais un plan de accións correctivas para que dunha vez por todas O Porriño non teña que soportar a degradación da calidade do aire que esta a soportar.

 

E por elo polo que presentamos a seguinte moción para a súa aprobación polo Pleno da Corporación:

Que o goberno realice ou encargue de xeito inmediato, un Informe de olores, que recolla un plan de accións correctivas dos olores derivados da actividade da empresa Frigolouro e tome as medidas correspondentes para que a empresa deixe de emitir esa contaminación ambiental.


Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta aprobada cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do Pleno Corporativo.

A continuación, intervén o Alcalde para sinalar que non se trata dunha competencia exclusiva do Concello, por canto son outras as administracións que teñen que intervir para garantir o cumprimento das normativas medioambientais. En todo caso, lémbralle ó portavoceiro socialista que a empresa colocou un filtro biolóxico con campana que funcionou ate datas recentes de xeito satisfactorio.


Continua indicando que a data de hoxe semella que renaceron os problemas de olores de xeito que o filtro e a campana non son axeitados á sua función; na actualidade estase elaborando un estudio da situación para poder adoptar as medidas correctoras máis axeitadas. Segue indicando que o Concello ten un acordo con duas consellerias para apoiar e realizar o traslado de Coren a un polígono industrial. Remata a sua intervención, indicando que non apoia a moción ó entenderes que o contido da petición é competencia da Conselleria de Medio Ambiente e ós órganos competentes da Administración do Estado.

De seguido, intervén DON MANUEL CARRERA PUNZÓN do grupo municipal popular para sinalar que apoia o contido da moción e síntese afectado directo pola situación de Coren ó resideres a pouca distancia da factoria. Así, considera que nos derradeiros 2 anos é cando máis cheirou a empresa e máis problemas de picares e garganta se produciron na poboación. Denuncia tamén que Os Martes e os Xoves son os días en que a empresa aproveita para facer verquidos ó rio que é cando se producen máis cheiros.

Intervén DON JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY do grupo municipal de Cidadáns por Porriño para anunciar o voto a favor do seu grupo.

De seguido, intervén DON MARCELINO COTO TRONCOSO do grupo municipal de Independentes por Porriño para anunciar o voto a favor do seu grupo.

A continuación, o Alcalde somete a moción a votación resultando APROBADA co seguinte resultado.

VOTOS A FAVOR: 12 DOS CONCELLEIROS/AS

  • DON MANUEL CARRERA PUNZÓN (PP)
  • DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ (PP)
  • DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO (PP)
  • DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA (PP)
  • DON GONZALO ORDÓÑEZ PUIME (IdeP)
  • DON MARCELINO COTO TRONCOSO (IdeP)
  • DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ (PSdeG-PSOE)
  • DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN (PSdeG-PSOE)
  • DONA MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO (PSdeG-PSOE)
  • DON JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY (CxP)
  • DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ (CxP)
  • DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALAClN (CxP)


VOTOS EN CONTRA: 0

ABSTENCIÓNS: 5 DOS CONCELLEIROS/AS

  • DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ (BNG)
  • DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ (BNG)
  • DONA OBDULIA DlNIZ CARLOS (BNG)
  • DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS (BNG)
  • DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO (BNG)

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera