15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O Xulgado do Contencioso requerirá ó Gob

Actualidade

O Xulgado do Contencioso requerirá ó Goberno Local o Expediente no que consta a Convocatoria do Pleno de Orzamentos do día 28 de decembro, a raíz da demanda presentada polo PSOE polas irregularidades na súa convocatoria.

A Secretaria de Política Municipal Socialista, Eva García de la Torre, manifestou hoxe que, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, requerirá en de forma inmediata ó Concello, para que lle aporte o expediente de aprobación do Orzamento e de convocatoria do pleno de 28 de Decembro de 2010 que motivou a denuncia dos socialistas por irregularidades na súa convocatoria.

 

18/03/2011

 

 

A Secretaria de Política Municipal Socialista, Eva García de la Torre, informou hoxe  que o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra iniciou onte os trámites de requerimento para que o Concello lle aporte o expediente de convocatoria do pleno de Orzamentos, celebrado o pasado 28 de Decembro pola ilegalidade da convocatoria do Pleno Extraordinario e Urxente, no que se realizou a aprobación inicial, entre outros puntos fixados na orde do día, dos Orzamentos; ó non axustarse dita convocatoria á lei, por realizarse con menos de dous días hábiles de antelación, con obxectivo de entorpecer e limitar os dereitos da oposición.
 
Para a número dous do PSOE local, quere sinalar que con esta iniciativa, se amosa que os socialistas “non imos tolerar nin unha soa falta de respeto á Corporación, e cabe dicir que esta demanda ten unha soa causa: a irresponsabilidade de Nelson Santos ó convocar un pleno deliberadamente irregular para tratar de eliminar a oposición no debate de Orzamentos”, e de paso intentar apuntarse o tanto de que conseguiu aprobar os Orzamentos antes de rematar o ano, como se non  puidese facelo no tempo que leva o fronte da alcaldía. Tratou de esconder a súa responsabildiade por non facer os orzamentos do 2010 cunha nota de prensa apresurada e por electoralismo en vez de por boa xestión.
 
Como conclusión,  García de la Torre, afirmou que “se o Alcalde, que debería ser o máximo garante da legalidade, foi quen de seguir adiante neste tema, a pesares de coñecer a ilegalidade do seu empecinamento, perde toda a lexitimidade para facer cumprir os veciños as súas obrigas legais.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera