20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Entidade Local de Chenlo / Novas da Entidade Local de Chenlo / O PSOE aposta por mellorar a xestión do

Novas da Entidade Local de Chenlo

O PSOE aposta por mellorar a xestión do monte de Chenlo ante o seu mal estado apostando pola súa ordenación, repoboación e aproveitamento da biomasa

O candidato socialista á entidade local menor de Chenlo, Jose Luis Fernández Vázquez, afirmou que ante a desastrosa xestión do monte de Chenlo, apostará pola súa ordenación e correcta repoboación e o aproveitamento, como xa existe noutros montes galegos, da biomasa forestal, ó tempo que manifestou a súa oposición ó Parque Eólico en Chenlo

 

10/03/2011

 

 O candidato socialista á Entidade Local de Chenlo, afirmou hoxe que o mal estado no que se atopa o monte de Chenlo é debido á mala xestión forestal que está a realizar o PP, e que incluirá no seu programa diversas medidas para poder mellorar o seu estado a través dun plan de ordenación forestal realizado dacordo con criterios de sostenibilidade e recuperación da masa forestal con especies autóctonas.


Fernández Vázquez manifestou que a masa forestal de Chenlo se atopa en moi mal estado debido ó abandono que se está a realizar da súa xestión e a escasa información que reciben os seus veciños do seu uso “non sabemos porqué se realizan talas indiscriminadas do monte nin a finalidade dos cartos recaudados pola entidade nas mesmas, algo ó que temos dereito os veciños de Chenlo”


O socialista plantexou a necesidade ademáis de apostar por unha correcta repoboación do monte e o aproveitamento da biomasa como elemento dinamizador do monte. “A correcta xestión da biomasa pode xenerar ingresos a entidade ó tempo que contribue a mellorar a limpeza do monte que agora se atopa en moi mal estado”


Poñer en valor o monte de Chenlo evitando a apertura de canteiras e do Parque Eólico


Fernández Vázquez afirmou que dentro do programa do PSOE para Chenlo, pretende poñer en valor o seu gran valor paisaxístico e turístico promocionando espacios con alto interés turístico como a zona dos Cabreiros, os muiños de Filgueiras ou as rutas de sendeirismo existentes, pero para elo “é fundamental que os veciños manifestemos a nosa oposición ó Parque Eólico do Galiñeiro” que a Xunta de Galicia quere construir en Chenlo.


“Os socialistas queremos manifestar a nosa oposiciòn tanto á calquer canteira que se queira construir como ó Parque Eólico do Galiñeiro, e afirmou que iniciará conversas con outras entidades locais da zona como Bembrive, Pazos ou Morgadáns, para sumar esforzos coa Plataforma en contra do Parque Eólico do Galiñeiro xa existente.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera