15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Vaqueiro tilda de broma pesada ós desemp

Actualidade

Vaqueiro tilda de broma pesada ós desempregados o Plan de Emprego do Concello

O Candidato do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que o goberno local non pensa nos desempregados cando presenta un plan de emprego xusto despóis de rebaixar nos orzamentos nun 56% a partida adicada a fomento de emprego

 

01/03/2011

 


O candidato socialista á alcaldía do Porriño, Iván Vaqueiro, acusou hoxe de pouco serio ó goberno local por presentar un plan de emprego sen dotación económica adicional, á vista de que o orzamento de 2011, supuxo un recorte de máis de 620.000 euros con respecto ó orzamento do 2008, case un 56% menos e tildou ó concelleiro de Emprego de "pouco serio e desconsiderado"

 

Vaqueiro afirmou que  "é indignante que o mesmo goberno que amortizou as prazas de Orientador Laboral e Técnico de Desenvolvemento Local, queira agora presentarse como o abanderado da xeneración de emprego. Nin en formación, nin en programas de inserción laboral nin en asesoramento e apoio á empresas este goberno pode dicir nada despóis de que puideramos coñecer o seu orzamento. Este plan é auténtico fume porque non ten dotación orzamentaria"

 

O candidato socialista afirmou que este goberno é capaz de intentar vendernos accións que xa existen como se foran novas e acusou a Alejandro Lorenzo de "pouco serio" e de "frivolizar con algo tan grave como o emprego". Se "Nelson Santos quere potenciar o emprego, que rebaixe neste intre as subidas fiscais que realizou contra o comercio e as pemes de Porriño e que aumente novamente o orzamentos adicados a emprego como xa lle advertimos no debate presupuestario"

 

O socialista afirmou que "os porriñeses comezan a estar cansados desta política de mentiras mediáticas. ¿Cómo é posible que un goberno que acaba de subir un 700% a taxa de lixo a empresas e comercios e de maneira moi importante o Imposto de Actividades Económicas para as empresas porriñesas poida vender que apoia ós emprendedores e á xeneración de emprego"

 

Vaqueiro resumiu a política de emprego do concello como "inexistente e parece máis baseada na contratación a dedo polo Alcalde dos que lle son afíns, en vista de que a única partida que medra no novo orzamento é a adicada a persoal laboral de libre contratación"

 

Por último, o candidato socialista ironizou co novo premio á innovación presentado polo goberno afirmando que é triste que se use o nome de Antonio Palacios para nomear un premio, precisamente os que foron capaces de realizar obras na Fonte do Cristo sen premiso de Patrimonio nin proxecto de rehabilitación. O único premio que se lle pode dar a este goberno é o de "Pinochos Políticos".


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera