15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Vaqueiro advirte a Santos de que o trámi

Actualidade

Vaqueiro advirte a Santos de que o trámite de aprobación do orzamento é ilegal e que se non o retira, acudirá ós tribunais

Os socialista afirman que o informe do secretario do Concello avala o recurso de reposición do grupo socialista ó considerar que existen vicios procedimentais na convocatoria do pleno de orzamentos o pasado 28 de Decembro

 

09/02/2011

 


O Voceiro Municipal e Candidato socialista, Iván Vaqueiro, advertiu hoxe a Nelson Santos de que o informe da secretaria municipal do Concello sobre os orzamentos, atopou vicios de nulidade procedimentais na convocatoria do pleno de orzamentos, tese que avala a postura do grupo socialista que xa presentara o mesmo día 28 de decembro un recurso de reposición contra a convocatoria do pleno ó considerar que a convocatoria do pleno extraordinaria e urxente, realizada a menos de dous días do pleno, constituía unha clara irregularidade, ademáis de constituir un ataque democrático ós dereitos dos grupos da corporación.


Vaqueiro manifestou que Santos debe tomar nota do informe do secretario e das advertencias do propio interventor para retirar o orzamento, correxilo e voltalo a presentar. "En resumo, démoslle ó alcalde a oportunidade de que retirarse o orzamento e non o fixo, pero se segue adiante con este proceso, e obvia o informe do secretario, acudiremos de inmediato ós tribunais e solicitaremos a suspensión cautelar do mesmo. O propio Santos podería ser denunciado por prevaricación ó actuar, a sabendas, en contra da legalidade".


"Logo de 12 meses de xestión, este é o resultado: nin orzamentos e máis parálise. Santos foi incapaz de presentar os orzamentos do 2010, e agora presenta un orzamento que será anulado e condenará a Porriño a como mínimo, varios meses máis de retraso. Este alcalde paraliza Porriño."


O Voceiro socialista quixo facer unha chamada á responsabilidade ós voceiros de PP e IdeP para que fagan entrar en razón a Nelson Santos e non conduzan ó concello a un quebranto económico.

 


Un Orzamento baixo sospeita xudicial.

 

Pola, súa parte, a secretaria de política municipal do PSOE, Eva García de la Torre informou que o PSdeG-PSOE solicitou por escrito ó secretario municipal a emisión de certificado de acto presunto de silencio administrativo ante a non resolución do alcalde do recurso de reposición presentado polos socialistas contra a convocatoria irregular do pleno de orzamentos, para presentar ante o tribunal contencioso administrativo unha denuncia contra a aprobación do presuposto por erros graves na convocatoria do pleno, realizado con menos de dous días de prazo sen xustificación. "Non imos tolerar que se menoscaben os nosos dereitos democráticos e a falta de resposta do alcalde, xa di moito do que pensa neste tema.Unha situación que pon baixo sospeita xudicial este orzamento".


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera