15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Modesto Pose: "Os socialistas nos sentim

Actualidade

Modesto Pose: "Os socialistas nos sentimos moi orgullosos de Iván Vaqueiro"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia, Modesto Pose, asegurou hoxe en O Porriño que "os socialistas nos sentimos moi orgullosos de Iván Vaqueiro" e "confiamos que os porriñeses o vexan como o próximo alcalde da localidade".

 

24/01/2011

 

Pose presentou hoxe a Iván Vaqueiro como candidato do

PSdeG-PSOE a la alcaldía de O Porriño, de quen asegurou que

"que leva catro anos traballando polos cidadáns e que ten un

compromiso de futuro co O Porriño".

 

 Tamén aproveitou para

falar da situación actual do concello nunha parálise total. "Non

foron quen de xestionar o plan E que pediron prorrogar as obras

xa que están moito máis preocupados polos seus problemas

internos", sinalou o secretario xeral.

 

"As decisión do goberno municipal están neste intre non

pensando en O Porriño senón en manter a Rafael Louzán na

Deputación", afirmou Pose

 

Por outra parte, e a preguntas dos xornalistas sobre o anuncio

do PP de Mos de presentar á tránsfuga Nidia Arévalo como

candidata, Modesto Pose salientou que "para nos non é unha

sorpresa xa o temiamos".

 

En Mos, a xuizo do secretario xeral socialista, produciuse unha

compra dun edil para alterar a vontade democrática dos

cidadáns "nunha actitude golpista de Rafael Louzán a quen só

lle falta un casco e unha pistola para escenificar un golpe

antidemocrático".

 

Modesto Pose esixiu a Núñez Feijoo que corrixa esta situación

"si quere -añadeu Pose- pasar a proba do algodón

democrático".

 

Pola súa banda, o candidato Iván Vaqueiro salientou que acolle esta

candidatura con moita ilusión, e anunciou unha campaña limpa

demostrando unha nova forma de facer política en O Porriño.

 

Aínda así non dubidou en cualificar a situación actual da súa localidade

como de parálise, xa que "o equipo de goberno está sumido en liortas

internas como demostra a súa falla de xestión".

 

Por último, criticou a actitude antidemocrática do alcalde ao presentar os

orzamentos menos de 48 horas antes de ter que votalos nun pleno. "Nin na

época máis dura de Barros vimos cousa semellante. Os orzamentos é un

dos piares do concello para o próximo ano e deben permitir un análise

pormenorizado", sinalou Vaqueiro, que anunciou un recurso administrativo

contra a convocatoria do pleno.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera