9 de decembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Iván Vaqueiro é designado candidato do P

Actualidade

Iván Vaqueiro é designado candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Porriño

O lider socialista afirma que se presenta para ser o alcalde de todos e todas e reta a Santos a un debate público nas eleccións “A min escollédesme vós democráticamente; a Nelson Santos, Rafael Louzán a dedo”

 

15/01/2011

 


A asamblea local do PSdeG-PSOE aprobou este venres, designar a Iván Vaqueiro candidato á Alcaldía de Porriño. Todos os militantes reunidos dedicáronlle a Vaqueiro un longo aplauso e amosáronlle o seu apoio ó remate da asamblea, convencidos de que nesta ocasión será o candidato socialista o que acabe ocupando a Alcaldía de Porriño.

 

Vaqueiro (Porriño, 1977), licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, master en Dereito Urbanístico e actualmente director para a provincia de Pontevedra dunha coñecida consultora galega, recibiu con responsabilidade e emoción o apoio de toda a militancia do Partido Socialista de Porriño á que lle manifestou gratitude dicindo “a min escólledesme democráticamente vós, os porriñeses comprometidos dende a militancia co proxecto socialista, a Nelson Santos, Rafael Louzán e a dedo” e continuou o seu discurso afirmando que “aspira a ser alcalde para cambiar este goberno gris, rancio e antidemócrata por un goberno moderno, innovador e comprometido socialmente, cun alcalde que sexa máis humilde, cercano e comprometido con Porriño. Aspiro a ser alcalde para poñerme ó servicio dos meus veciños e veciñas. Aspiro a ser alcalde para servir ó meu pobo, consciente de que Porriño é un reto de modernidade e progreso”. 

 

O candidato socialista, que foi tenente de alcalde e número dous do goberno municipal de Porriño entre 2003 e 2007, afirmou que iniciará unha campaña que espera que sexa “limpa, participativa e cercana” e que conte cun debate electoral para que os cidadáns poidan ver cara a cara ós aspirantes a representalos. “É necesario que o conxunto de candidatos non se esconda dos cidadáns como fai o actual alcalde”. “O peor é que aínda non sabemos a cantas bandas sería o debate. Haberá que esperar a que o señor Coto e o señor Carrera decidan cales son as siglas políticas que máis se axusten aos seus intereses persoais”, rematou Vaqueiro.

Entre os proxectos principais do candidato neste inicio de 2011 está o de ir acompañado na candidatura socialista polo mellor equipo humano, con experiencia e renovación, e o de presentar o mellor programa, para o cal anunciou diferentes reunións sectoriais para definir máis polo miudo a alternativa dos socialistas para que a administración local cubra mellor as necesidades dos cidadáns. O candidato do Partido Socialista comprometeuse, no caso de gañar as eleccións do 22 de maio, a garantizar que “os orzamentos municipais nunca máis sexan aprobados pola porta de atrás como quere facer este alcalde. Serán transparentes e participativos. As portas do Concello deben estar abertas para todos, e non só para os amigos e os intereses contrarios o xeral. Os cidadáns queren un proxecto forte que defenda os seus intereses en materias como o Urbanismo e as canteiras: esa opción en 2011 é a socialista”.

 

Vaqueiro criticou tamén “ó todavía alcalde Santos” a nula capacidade de diálogo social e político que amosou durante este casi un ano de mandato, e afirmou que o seu será un goberno sempre aberto a buscar puntos de encontro cos concelleiros da corporación, cos sindicatos e a Asociación de Empresarios e cos colectivos veciñais, parroquiais e profesionais. “Quero inagurar un novo estilo de facer política, marcado polo diálogo social, a protección do medio ambiente, a mellora da competitividade do tecido productivo e unha formación cada vez mellor dos traballadores ocupados e desocupados, para o cal crearemos mecanismos de participación social, económica e cultural que axuden a definir políticas concretas”.

 

En canto á candidatura socialista, o candidato adiantou que o 28 de xaneiro presentará á militancia socialista o mellor equipo para gobernar, con porriñeses e porriñesas que acumulan experiencia e renovación e sobre todo, compromiso con Porriño, coas súas xentes e o seu desenvolvemento. “Estará formado por persoas comprometidas con Porriño que levan anos colaborando comigo no meu proxecto de futuro, persoas de equipo, honestas, éticas e preparadas, que dende a sociedade civil levan anos traballando a prol do progreso do noso pobo, porque iso é o que Porriño merece, que na institución municipal estén aqueles que levan anos, dende dentro e dende fora da primeira liña política, traballando pola prosperidade do noso pobo”, rematou.


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera