21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Mocións / Moción sobre pregos de condicións para c

Mocións

Moción sobre pregos de condicións para contratacións de obras públicas.

Pleno municipal do 25 de setembro de 2008.

 

O Sr. Iván Vaqueiro Gradín (PSdeG-PSOE), formula oralmente a seguinte moción:

 

Como entendo que o Concello de Porriño debe dar as máximas garantías na execución das obras públicas requirindo nos pregos de condicións das contratacións unha serie de criterios e estándares para o efecto, propoño que para as obras municipais de máis de 50.000 euros se esixa ós contratistas, a traveso dos pregos de condicións dos procedementos de contratación, os seguintes criterios:

 

  • Certificado da ISO-2001
  • Certificado de riscos laborais
  • A empresa adxudicataria deberá contar con sistemas de xestión ambiental
  • Certificado de que a empresa adxudicataria cumpre determinadas normas de xestión ambiental

O Presidenta somete a votación ordinaria a declaración de urxencia da moción resultando APROBADA por UNANIMIDADE dos concelleiros/as presentes neste pleno.

 

O Sr.Alcalde-Presidente, Francés Rodríguez non someteu a votación esta moción pola retirada dos presentantes da mesma polas desconsideracións do propio alcalde no debate da propia moción.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera