15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE acusa a Santos de mentir á Corpor

Actualidade

O PSOE acusa a Santos de mentir á Corporación na convocatoria dos Orzamentos e estudia denuncialo no Tribunal Contencioso-Administrativo

O Portavoz Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, acusou hoxe a Nelson Santos de mentir na declaración de urxencia da convocatoria dos Orzamentos Municipais, e anuncia que o PSOE estudiará a resposta do Alcalde ó recurso de reposición presentado polo PSOE á convocatoria do pleno de Orzamentos para denuncialo ante o Tribunal Contencioso Administrativo

 

07/01/2011

 

 

O Grupo Municipal Socialista do Porriño, por medio Voceiro Municipal, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe que o PSdeG-PSOE estudiará acudir ós tribunais para denunciar os orzamentos municipais aprobados inicialmente polo pleno da Corporación o pasado 30 de Decembro ó considerar que se produciu unha grave ilegalidade na convocatoria do pleno.

 

"O alcalde incumpliu a lexislación ó non incorporar a declaración de urxencia na convocatoria do pleno, feito que a propia lexislación esixe na convocatoria de plenos extraordinarios urxentes. Pero o peor de todo, non foi iso, senon que inda por riba, tratou de incluir no expediente ás 5 da tarde (unha hora antes do pleno, tal e como afimou no propio pleno o propio Jose Manuel Jacobo, concelleiro de Facenda), un escrito para tratar de enmendar o erro, xa fora de tempo e para que os grupos non puidesen acceder a el"

 

"Este alcalde minte ós cidadáns, e non dubida en utilizar a lei ó seu antoxo e interés, e iso non imos a permitilo de ningún xeito. Queremos que todos os porriñeses sexan conscentes da gravidade das actuacións deste alcalde que trata de esconder as súas actuacións á cidadanía e os seus lexítimos representantes", afirmou Vaqueiro.

Nelson Santos tratou de mentirnos a todos, de evitar que os grupos puidesemos estudiar cun tempo razonable o documento de orzamentos para que non fósemos testigos dos graves erros que temos detectado nos mesmos.

 

"O Alcalde ten un mes para resolver o recurso de reposición que o PSOE presentou o pasado día 30, e en canto o faga, estudiaremos a súa resposta para interpoñer un recurso no Tribunal Contencioso-Administrativo, pois existen varios precedentes de anulación de orzamentos nestas circunstancias. Non todo vale en democracia, e esto, é un atentado contra os dereitos dos grupos da corporación e dos cidadáns nos que non imos transixir"

 

Erros no Orzamento

 

Vaqueiro avanzou que o PSOE está estudiando o documento dos Orzamentos onde xa atopamos varios erros graves, así como varias incorreccións froito da mala xestión de Santos e do seu equipo na súa elaboración. "Nelson Santos estivo un ano enteiro sen presentar os orzamentos e agora, por medo ó PSOE, presentou uns orzamentos mal feitos, non fixo os deberes ben. Se non sabe facer uns orzamentos, mellor que dimita como alcalde"


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera