15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O goberno local da 24 horas ós grupos da

Actualidade

O goberno local da 24 horas ós grupos da corporación para examinar os orzamentos, que se debatirán este mércores

O Goberno Local decidiu na mañá de hoxe, convocar unha comisión extraordinaria urxente e un pleno extraordinario urxente para este mércores para debatir os Orzamentos de 2011

 

27/12/2010

 

 

  O Grupo Municipal Sociaista, por medio do seu voceiro local, Iván Vaqueiro, tildou de "mal chiste" e de intolerable, a convocatoria urxente dun pleno con menos de 24 horas para exeminar a documentación do pleno no que se debatirán os Orzamentos para o ano 2011.

 

 Segundo o Secretario Xeral dos Socialistas Porriñeses, esta decisión é un intento de "meter pola porta de atrás" un orzamento sen tempo de anñalise e sen capacidade de presentar propostas alternativas. "Todo un brindis ó diálogo" afirmou con ironía Vaqueiro, que lamentou que Santos dese con esta decisión, unha nova mostra da súa incapacidade para dialogar e chegar a acordos e usar o "ordeno e mando" que tan ben o caracteriza.

 

 "Santos tardou un ano en presentar un orzamento e agora, en menos de dous días, pretende aprobalo a escondidas porque ata agora non tiña o apoio de todos os grupos do goberno para aprobalo, e inda a día de hoxe, dubidamos que o teña. Por eso prefire que non haxa debate e facelo por imposición"

 

  Os socialistas, que agardaban estudiar o documento e presentar enmendas ó memos, terán agora menos de un día para estudiar o documento e poder plantexarse a súa postura.

 

 Para Iván Vaqueiro, estas actitudes, retrotraen a política municipal a tempos pasados e condenou a actitude do alcade, para rematar afirmando que o PSOE estudiará inda que sexa toda a noite o documento para poder emitir responsablemente o seu voto no debate por responsabilidade cos veciños, pero xa avanzou que con estas prácticas, será difícil dialogar.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera