15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE acusa o goberno local de mentir n

Actualidade

O PSOE acusa o goberno local de mentir nos Orzamentos e de retrasalos conscentemente, debido a la inexistencia de un proyecto real para Porriño.

A secretaria de política municipal socialista do Porriño, Eva García de la Torre, lamentou os retrasos continuos do goberno local na presentación dos orzamentos do Porriño e acusou ó alcalde de mentir á cidadanía tras os repetidos incumprimentos dos anuncios de presentación dos mesmos.

 

14/12/2010

 

Eva García de la Torre, secretaria de Política Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño, compareceu hoxe para valorar os continuos incumprimentos do goberno local nos seus anuncios de presentación dos orzamentos do Porriño. García de la Torre, afirmou que xa ó coñecer o contido do pleno da Corporación Municipal celebrado o pasado mes de Novembro, comprobamos que “vistos os puntos recollidos na orde do día do mesmo, amosamos a nosa preocupacion porque o goberno local seguise retrasando os orzamentos para o ano 2011. Descartados polo alcalde  os orzamentos do 2010, vemos que o Orzamento do 2011 vai polo mesmo camiño.”


 “A falta de orzamentos é a confirmación de que este goberno, non pode ou non quere gobernar pensando nos porriñeses. E unha auténtica irresponsabilidade deixar a Porriño sen orzamentos tendo maioría de goberno e mais si temos en conta que os orzamentos supón que os partidos que se repartiron o poder no mes de febreiro, terían por fín que retratarse e amosar qué e o que queren facer polos Porriñeses, en definitiva, cal e o seu programa para Porriño.


Visto o feito hasta agora, parecería que o único punto do programa de Goberno do noso Alcalde sexa ir polas festas abrazando os veciños.


García de la Torre anunciou unha moción do grupo municipal socialista neste senso, e reiterou que “non podemos seguir agardando a un goberno que non fai os deberes, e esixiremos no vindeiro pleno, cando menos,  un borrador sobre o que traballar”


A secretaria socialista, referiuse tamén á situación de execución das obras do Plan E, que adiantou, “segundo as nosas informacións, non estarán executadas no 2010 como esixe o Ministerio. Unha mostra máis da incapacidade deste goberno para facer as cousas ben”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera