15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE afirma que as declaraciones de Co

Actualidade

O PSOE afirma que as declaraciones de Coto, amosan as diferencias de PP, CxP e IdeP

A secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, compareceu hoxe para valorar as declaracións feitas polo Alcalde do Porriño, Nelson Santos nas que renuncia a presentar uns presupostos para o presente ano e as do segundo tenente alcalde e voceiro de IdeP sobre os problemas internos no goberno polas listas

 

16/11/2010

 

 

A secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, valorou hoxe as declaracións realizadas nos últimos días do Alcalde do Porriño nas que renunciaba expresamente a presentar os presupostos para o presente ano. García de la Torre valorou este anuncio como “a expresión mais clara de que a verdadeira razón da moción de censura de febreiro, non era presentar uns presupostos para Porriño, senon simplemente ocupar o poder.”


A secretaria socialista declarou que non é de recibo presentar a escusa de que xa falta pouco para acabar o ano e non presentar os presupostos de 2010, porque o actual equipo ocupa o Goberno Municipal dende hai case un ano, sen amosar cales son os seus proxectos e propostas para mellorar a vida dos cidadáns de Porriño.


Que agora se anuncie que os presupostos que se presenten serán os do 2011, sinalou García de la Torre, significa “a constatación do que xa se contempla, nin mais, nin menos que a utilización dos fondos públicos co fin de beneficiar os intereses electorais do actual Goberno Municipal.”


“Realmente estaría moi ben que o Sr. Santos, ademais de besar os seus conciudadanos e felicitalos polos seus cumpreanos, explicara os Porriñeses cal é o beneficio que para eles ten que sexaAlcalde e por qué, pois visto o visto, o goberno está totalmente paralizado e sen rumbo”.


Eleccións municipais.


Por outro lado, a secretaria de política municipal socialista, Eva García de la Torre, sinalou que, vistas as declaracións de Marcelino Coto, actual segundo tenente de alcalde e responsable de Urbanismo, nas que manifestaba as diferencias de IdeP co resto dos partidos do goberno sobre a integración no PP, “a pregonada unidade do actual equipo de goberno é mais ficticia que real e o que deixan traslucir son os auténticos codazos que se están dando entre eles por o lugar que queren ocupar na lista electoral.”


“Se o señor Marcelino Coto está a disgusto no goberno local – afirmou García de la Torre, chegando a falar de “egoísmos”, o que debe facer por coherencia e abandonar o goberno. Por iso, invitamos a Marcelino Coto e a IdeP a que abandonen o barco e recoñezan que rectificar é de sabios, pois está claro que Nelson Santos maltrata coa súa xestión, as áreas de IdeP e PP no goberno, que exercen, sen poder, de comparsas.


Segundo García de la Torre, “resulta un espectáculo realmente lamentable comprobar como hoxe en Porriño a ocupación dos responsables municipais centrase na defensa dos seus intereses particulares”.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera