15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Iván Vaqueiro afirma que el gobierno de

Actualidade

Iván Vaqueiro afirma que el gobierno de Santos está "en funcións" por ser incapaz de hacer un presupuesto en 2010

Secretario Xeral e Portavoz do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro afirmou hoxe que as declaracións de Santos sobre os orzamentos son a confirmación das mentiras de Nelson Santos sobre a falta de orzamentos para xustificar a moción de censura e afirmou que este é xa un goberno en funcións ata as eleccións vista a parálise e a batalla personalista.

 

10/11/2010

 

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, tildou hoxe ó goberno local de "goberno en funcións" ó ratificar o propio Santos que no 2010 non se presentarán orzamentos. "Estas declaracións ratifican a mentira que Santos nos contou ós porriñeses en Febreiro, onde prometeu que en dous meses tería orzamentos. Este é un alcalde e un goberno que non saben onde van, sen proxecto, sen rumbo e que só saben unha cousa: eliminar democracia e dereitos.


Vaqueiro foi contundende ó afirmar que as "repetidas mentiras de Santos sobre os orzamentos de 2010 son algo polas que debería disculparse ante os porriñeses. Un alcalde que agora, en tempo de desconto, afirma que presentará uns orzamentos que en caso de aprobarse (entrarían en vigor na época electoral), é polo tanto, un goberno en funcións. Non temos un goberno que goberno, temos dende hoxe un goberno en funcións, incapaz de tomar decisións, e polo que se ve, máis preocupado polos postos da lista electoral e a batalla entre eles, que por gobernar para os porriñeses"


"O único que fixo este alcalde foi subir os impostos, recortar dereitos democráticos, paralizar as obras do Plan E, reventar o diálogo democrático e fagocitar todo aquelo que non combinase cos intereses dos seus partidos. Inda non coñecemos a día de hoxe nin un só proxecto novo, nin unha soa idea que xustifique a labor deste goberno, que só baixo a mentira da moción, tentou enganar ós porriñeses baixo a excusa da parálise que eles mesmos profundizan todos os días. Non valen excusas, este goberno non ten orzamentos preparados porque non fixo os deberes"


Vaqueiro afirmou que Porriño necesita un cambio de goberno que devolva a ilusión ós porriñeses, que traballe ó seu carón dende o diálogo e a humildade, e non un goberno de retroceso democrático, falta de xestión e intereses electoralistas."
 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera