15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Iván Vaqueiro e Luis Piña se reunen no C

Actualidade

Iván Vaqueiro e Luis Piña se reunen no Congreso dos Deputados para tratar a ampliación da senda do Louro e a parálise do goberno local na execución dos proxectos do Plan E para Porriño

O Secretario Xeral do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro e o deputado socialista por Pontevedra, Luis Gómez Piña, reuniíronse no Congreso dos Deputados para tratar a obra de ampliación da Senda do río Louro, e valorar a situación de parálise das obras do Plan E de Porriño

 

31/10/2010

 


O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño e o deputado socialista Luis Gómez Piña, reuníronse no Congreso dos deputados para informar sobre o próximo inicio das obras de ampliación da senda do Louro, obra que executará a Confederación Hidrográfica

 

O deputado Luis Gómez Piña lembrou que esta obra será posible gracias á introducción fai un ano dunha enmenda nos orzamentos do Estado, concretamente, os do Ministerio de Medio Ambiente, por indicación do grupo socialista do Porriño para este fin, partida da que Iván Vaqueiro puido constatar o seguemento que o deputado socialista está a facer para que se poida executar canto antes.

 

A tal efecto, o deputado Luis Piña, informou a Iván Vaqueiro que próximamente, o Presidente  da Confederación Hidrográfica visitará Porriño para coñecer persoalmente as partes do río onde se iniciarán os traballos de ampliación da senda fluvial do Louro, obra que ten previsto o seu inicio en próximas datas. Segundo Luis Piña, “a obra permitirá ampliar o trazado da senda iniciada a carón do río Louro, para uso e disfrute non só dos veciños do centro urbán, senon tamén das parroquias de Pontellas e Budiño.”

 

Retraso nas obras do Plan E 2010

 

Vaqueiro aproveitou a visita para trasladar ó deputado socialista, a inquedanza dos porriñeses polo importante retraso que están a sufrir as obras do Plan E 2010 concedidas a Porriño por mor da mala xestión que o alcalde Nelson Santos e o seu equipo de goberno, está a facer destes fondos, que ascenden a 1,9 millóns de euros, e que segundo anunciou Vaqueiro, poden chegar a perderse se o goberno local non fai os seus deberes.

 

“É triste, afirmou Vaqueiro, que un Concello como Porriño teña que pedir ó goberno de España unha prorroga para poder executar correctamente as obras deste Plan. É unha mostra da gran parálise que vive Porriño con este alcalde”

 

Vaqueiro tildou de inoperante ó goberno actual, que foi incapaz primeiro, de presentar uns orzamentos para o 2010, nin agora, de facer as obras do Plan E, que probablemente terán que solicitar unha prorroga na súa execución.

 

Pola súa parte, Luis Gómez Piña, compartiu a preocupación do portavoz socialista e animou ó goberno local a non perder “nin un segundo” na execución destas obras tan necesarias para Porriño.


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera