22 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / O PSOE tacha o goberno local de irrespon

Vida Orgánica

O PSOE tacha o goberno local de irresponsable por non presentar orzamentos no 2010 e o advirte de que non deixe prescribir a débeda das canteiras

A secretaria de política municipal socialista do Porriño, Eva García de la Torre, valorou hoxe, tras a reunión este luns da comisión executiva local do PSdeG-PSOE, a negativa do goberno local a presentar no vindeiro pleno os orzamentos para o 2010 como "un exercicio de irresponsabilidade ante os veciños do Porriño" e advertiu ó alcalde da necesidade de resolver o problema da débeda das canteiras antes de que esta poida prescribir.

 

06/10/2010

 

 

Eva García de la Torre, secretaria de Política Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño, compareceu hoxe para valorar o contido do pleno da Corporación Municipal que se celebrará o vindeiro luns 11 de Outubro, do que afirmou que “vistos os puntos recollidos na orde do día do mesmo, temos que amosar a nosa preocupacion porque  neste Pleno tampouco se vaian a presentar os orzamentos para o ano 2011."

 

"Se isto segue así, os orzamentos en vigor se prorrogarán o que é un exercicio de auténtica irresponsabilidade, posto que os orzamentos actualmente en vigor foron realizados nun momento económico expansionista e non de crise como o que actualmente pacedemos."

 

"De confirmarse esta sospeita - afirmou García de la Torre- os responsables da actual Corpración Municipal acudirán al endebedamento ou ao incremento dos impostos os pequenos comerciantes e as familias, sen explicar en que se van a gastar eses cartos, en vez de facer os deberes que asumiron no momento en que presentaron a Moción de Censura que lles deu o Poder, co irremediable perxuizo que esta irresponsable actitude ocasiona os cidadans porriñeses."
 
García De la Torre lembrou que "existindo como existe a favor do Concello unha débeda  cos canteiros de mais de 5 millóns de euros, non parece que o actual Goberno estea disposto a reclamar e nin sequera a impedir a súa prescrición por falta de reclamación, pero si a subir os impostos ós porriñeses e porriñesas"

A secretaria socialista afirmou que a comisión executiva local do PSdeG-PSOE decidiu trasladar a través do grupo municipal socialista, unha moción para debatir a situación da débeda das canteiras.  “non se pode esixir ós porriñeses máis esforzo fiscal mentras se se fai a vista gorda en temas tan importantes como a débeda das Canteiras.”
 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera