22 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / O PSOE celebra este venres ás 20:30 da t

Vida Orgánica

O PSOE celebra este venres ás 20:30 da tarde unha conferencia sobre mocidade e política no Porriño

O PSdeG-PSOE do Porriño celebra este venres unha xornada sobre mocidade e política no Porriño baixo o lema “X Ser Joven (por ser joven)”, co obxectivo de debatir sobre a situación da mocidade e incentivar a participación xuvenil na vida social, cultural ou pública do concello.

 

05/10/2010

 

 

A agrupación socialista do Porriño celebra este venres ás 20:00 horas no salón da tapería Adega de Montero un encontro aberto de mozos e mozas do porriño sobre a temática de política e mocidade no Porriño baixo o lema “X ser Joven (por ser joven)”, no que se debatirá a situación da mocidade no Porriño e a participación da mesma no tecido social, asociativo e político local.


 

A xornada, na que participará o voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro, servirá ademáis de cauce de información, participación e mesmo proposta de iniciativas dos mozos e mozas asistentes nas diferentes temáticas que lles afectan, dende a educación, pasando polo emprego e a vivenda, ata a cultura, deportes, música, etc...


 Segundo os organizadores, a charla-coloquio ten tamén como obxectivo incentivar o interese e participación da mocidade na vida pública e asociativa do Concello, pois esta non é só un dereito, senon tamén unha obriga como cidadáns e un compromiso coa sociedade que nos rodea e pola que temos que traballar para mellorar”
Ó encontro está convidado todas os mozos e mozas que desexen asistir, que poderán atopar maís información na web do PSdeG do Porriño (www.porrino.psdeg-psoe.org)

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera