13 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Mocións / Moción sobre constitución do patrimonio

Mocións

Moción sobre constitución do patrimonio municipal do solo

Pleno municipal do 25 de setembro do 2008

 

O Sr. Iván Vaqueiro Gradín (PSdeG-PSOE), formula oralmente a seguinte moción:

 

Este concello dispón de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pero non ten constituído patrimonio municipal do solo e como para poder obter reservas de solo para actuación de iniciativa pública e aproveitamentos derivados do PXOM e da Lei do Solo debe constituírse o patrimonio municipal do solo, é polo que propoño a constitución inmediata do patrimonio municipal do solo deste concello tal e como establece a Lei.

 

O Presidente somete a votación ordinaria a declaración de urxencia da moción resultando APROBADA por UNANIMIDADE dos concelleiros/as presentes neste Pleno

 

Sometida a votación ordinaria o fondo da anterior moción resulta REXEITADA polo seguinte resultado:

 

VOTOS A FAVOR: 4 DOS CONCELLEIROS/AS

  • DON NICOLÁS VAQUEIRO GRADÍN (PSdeG-PSOE)
  • DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ (PSdeG-PSOE)
  • DON GONZALO JOSÉ ORDOÑEZ PUIME (IdeP)
  • DON MARCELINO COTO TRONCOSO (IdeP)

EN CONTRA: 5 DOS CONCELLEIROS/AS

  • DON RAÚL FRANCÉS RODRÍGUEZ (BNG)
  • DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ (BNG)
  • DONA OBDULIA DÍNIZ CARLOS (BNG)
  • DONA MIRIAN MARTINEZ TRONCOSO (BNG)
  • DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVÁS (BNG)

ABSTENCIÓNS: 3 DOS CONCELLEIROS/AS

  • DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO (PP)
  • DONA MARÍA EVA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ (PP)
  • DONA ANA MARÍA MARTÍNEZ PARADELA (PP)

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera