21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / A abogada porriñesa Eva García de la Tor

Vida Orgánica

A abogada porriñesa Eva García de la Torre, nova Secretaria de Política Municipal

O secretario xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe para presentar á nova Secretaria de Política Municipal da executiva local socialista, a abogada Eva García de Torre.

 

27/09/2010

 

O secretario xeral e portavoz socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, compareceu hoxe en roda de prensa para presentar á nova secretaria de política municipal socialista da comisión executiva local do PSdeG-PSOE do Porriño, Eva García de la Torre.


Vaqueiro afirmou que a incorporación de Eva García, pretende reforzar a labor dos socialistas nas institucións municipais, exercendo as labores de comunicación dos posicionamentos da executiva local socialista sobre as decisións do goberno local e o traballo dos socialistas no Concello.

 

Pola súa parte, Eva García, agradeceu a confianza depositada pola executiva local socialista, e afirmou que " asumo con ilusión a labor de traballar por mellorar o noso pobo e trasladar a mensaxe dos socialistas de que é posible unha forma de facer política e gobernar máis cercana ós cidadáns, máis transparente e participativa".


Eva García afirmou convencida que "hoxe en día, considero que o PSOE do Porriño, representa a única alternativa forte e viable a este goberno, que defende intereses personalistas, deixando de lado calquer preocupación polos problemas reais dos porriñeses e porriñesas. Boa mostra delo, e que moitos membros do goberno, non dubidaron nin dubidarán á hora de cambiar de partido se iso beneficia ós seus interese particulares. Esta non é unha boa maneira de entender a política, e Porriño merece un goberno mellor"


Vaqueiro e García destacan que realmente, no Porriño, dende a moción de centura, as dúas únicas iniciativas do goberno local foron as súbidas dos soldos dos membros do goberno e subida escandalosa das taxas e impostos. Calquera podería pensar que estas dús cousas estan relacionadas..."


Como conclusión, Eva García, anunciou que a executiva local socialista, será inflexible na labor de control do goberno local, a pesar dos intentos de Nelson Santos de impedir a labor de control e oposición da Corporación.


Unha abogada con raigames porriñesas


Eva García de la Torre, ten 48 anos é afiliada ó PSdeG-PSOE do Porriño dende o ano 2004. Profesionalmente exerce como abogada dende fai máis de 15 anos, actividade que compatibiliza coa súa labor de responsable de temas xurídicos nun importante grupo empresarial. Dende fai unhas semanas, asume o cargo de Secretaria de Política Municipal dos Socialistas do Porriño.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera