20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / Encontro Aberto de Mozos/as de Esquerdas

Vida Orgánica

Encontro Aberto de Mozos/as de Esquerdas no Porriño

A Agrupación Socialista do Porriño organiza o Iº Encontro de Mozos/as de Esquerdas no Porriño o vindeiro día 8 de Outubro ás 20:30 horas co obxectivo de debatir sobre a situación da mocidade no Porriño e recoller iniciativas, así como invitar a participar a xente nova na política

 

22/09/2010

 

 

 A Agrupación Socialista do Porriño informou hoxe da organización do Iº Encontro de Mozos/as de Esquerdas no Porriño o vindeiro día 8 de Outubro ás 20:30 horas co obxectivo de debatir sobre a situación da mocidade no Porriño e recoller iniciativas, así como invitar a participar a xente nova na política.

 

O acto, que se celebrará o vindeiro día 8 de Outubro de 2010 ás 20:30 horas na Tapería Adega de Montero, terá como obxectivos facer un balance da situación da mocidade no Porriño e animar á xente nova a participar nun proxecto progresista para Porriño dende unha óptica de esquerdas e galeguista.

 

 Durante o acto, se realizará unha valoración da problemática da mocidade e se recollerán iniciativas encamiñadas a mellorar a situación dos mozos e mozas nos diferentes campos que lles afectan, así como unha charla coloquio sobre Porriño e a súas necesidades dende o punto de vista dos mozos e mozas.

 

Para máis información, podes escribir un correo a psdeg.psoe.oporrino@gmail.com, ou visitar o noso perfil en facebook.

 

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera