15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE lamenta o retraso na presentación

Actualidade

O PSOE lamenta o retraso na presentación dos Orzamentos 2010, que non entrarán en vigor, como mínimo ata Novembro

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE.do Porriño, Iván Vaqueiro, manifestaron a súa preocupación hoxe polo retraso na presentación dos orzamentos do 2010, que xa acumulan 8 meses de retraso e pide celeridade ó goberno local.

 

21/09/2010

 

 

O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe, que o retraso na presentación do proxecto de orzamento municipal para o 2010, acumula xa 8 meses, e inda non se coñecen as liñas xerais de obras e inversións que quere realizar o novo goberno local, algo que preocupa ós cidadáns.

Segundo o Voceiro Socialista, a 20 de Setembro “inda non temos nin borrador de orzamentos nin se convocou ós grupos para falar cando menos das liñas xerais, algo preocupante.”


 Vaqueiro afirmou que “o goberno non pode caer na parálise administrativa, e esixiu a presentación do borrador de orzamentos canto antes, pois a tramitación administrativa do orzamento pode levarnos a que non se chege a aprobar”

Un goberno sen proxectos


 

Segundo o Voceiro Socialista, a falta de cando menos un borrador de inversións, evidencia a falta de ideas do goberno de Nelson Santos, e afirmou que “ Porriño non pode permitirse un goberno sen iniciativa e inversións, e as únicas que de momento están claras, son as do Plan Zapatero e as xa consignadas pola Deputación, anteriores ó actual goberno local”


 Vaqueiro instou ó alcalde a reunir ós grupos e definir conxuntamente as liñas de actuación orzamentaria e fiscal para o 2010 antes de que “o colla o touro”.

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera