15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE presentará alegacións á brutal su

Actualidade

O PSOE presentará alegacións á brutal subida da taxa de lixo ós comercios e pemes do Porriño.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro informou hoxe de que o seu grupo presentará alegacións á taxa de recollida de lixo aprobada polo goberno local o pasado 28 de Xullo por ser unha subida totalmente desproporcionada no intre actual e informará ós comerciantes que queiran alegar.

 

26/08/2010

 

 

O Secretario Xeral do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, informou hoxe que o seu grupo presentará estes días, unha alegación á aprobación inicial da taxa de recollida de lixo aprobada inicialmente polo goberno local fai unhas semanas, e que se atopa en período de exposición pública.


O secretario xeral dos socialistas porriñeses, argumenta que a subida non só non é escalonada, como lle propuxemos ó goberno, senón que é escandalosamente alta para os comerciantes e as pequenas e medianas empresas, que son as que xeneran máis actividade no noso Concello. Segundo o PSOE, estas subidas non se corresponden coa realidade económica actual, e mentres o goberno local oculta a situación da dédeba das canteiras, pretende subir as taxas as empresas e comercios do Porriño.


Para Vaqueiro, o goberno local tratou de esconder a subida cunha proposta irrealizable de exención do pago da taxa ós desempregados, que simplemente, non se pode realizar técnicamente. Pero se valeu desta pantalla para ocultar a verdadeira modificación da taxa. Unha medida segundo Vaqueiro. que amosa unha voraciade fiscal que esconde unha nefasta política económica, que acumula xa 7 meses de retraso nos orzamentos do Concello, que agora afirma que inda teremos que esperar ata Setembro. Conclusión, non teremos orzamento ata Novembro. afirmou Vaqueiro.


O socialista recomendou ó goberno que pare a súa voracidade impositiva e planifique a medio prazo, unha subida máis escalonada para equiparar a taxa ó coste real do servizo, con pequenas subidas nos vindeiros 10 anos, para evitar, como se vai facer agora, subidas, nalgúsn casos, superiores ó 100% do coste actual da taxa. (ver cuadro).                    

    
                                                                      Taxa Actual     Nova Taxa aprobada


a)      Ata 25 m2 de superficie ....................   41,94 €/ano    60 €/ano  (31% mas)     
b)      Máis de 25 a 50 m2 ..........................   45,44 €/ano     80 €/ano  (43% mas)      
c)      Máis de 50 a 100 m2 ........................   69,89 €/ano    100 €/ano (43% mas)       
d)      Máis de 100 a 200 m2 ...................... 104,84 €/ano   200 €/ano   (90% mas)     
e)      Máis de 200 a 400 m2 ...................... 209,70 €/ano    400 €/ano  (90% mas)       
f)        Máis de 400 m2 a 1000 m2... ..........  279,60 €/ano   750 €/ano  (160% mas)      
g)      Mais de 1.000 m2 (novo tramo) ......  279,60 €/ano   2.500 €/ano (700% mas) 

 

Asesorar ós Comercios e Empresas que queiran alegar


 
Vaqueiro anunciou, como conclusión, que asesorarán ós comerciantes que queiran facelo, para que presenten a súa alegación ante o Concello pola subida da taxa, pois o prazo para alegar está aberto ata o día 1 de Setembro. Para elo repartirán un modelo de alegación que pode ser presentado por cada comerciante no rexistro do Concello.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera