15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE afirma que a Xunta lles da

Actualidade

O PSdeG-PSOE afirma que a Xunta lles da a razón e tilda o alcalde de inoperante ante os problemas do centro de saude.

O Vice-Secretario Xeral e concelleiro do Grupo Municipal Socialista, Fernando Rodríguez, afirmou hoxe que só a presión do PSOE serviu para solucionar parcialmente ós problemas do centro de saude e arremetou hoxe contra o goberno local e contra o seu alcalde ós que toldou de inoperantes ante os problemas do Centro de Saude

 

13/08/2010

 


O Vice-Secretario Xeral e concelleiro do Grupo Municipal Socialista, Fernando Rodríguez afirmou hoxe que só a presión realizada polo PSOE local foi quen de solucionar o problema das altas temperaturas do Centro de Saude do Porriño, logo de que o SERGAS confirmase hoxe a compra de varios sistemas de refrixeración para o mesmo, mentres o goberno local non fixo absolutamente nada. “O Porriño está desgobernado con Nelson Santos”

 

Boa proba disto, dí Rodríguez, é a parálise do Concello, incapaz de afrontar un problema como este e de tal calado. O concelleiro criticou a Santos a suspensión do pleno do pasado 28 de Xullo onde o PSOE quería tratar o problema do centro de saude e  afirmou que o actual alcalde leva 4 meses sen responder ás preguntas que o grupo socialista presenta por rexistro vulnerando os dereitos que os grupos teñen segundo o Regulamento de Funcionamento das Corporacións Locais. “É lamentable ter un alcalde que se non quere a democracia, que non respeta as súas mínimas normas e que se nega por sistema a escoitar ás demandas dos veciños que os grupos plantexamos”.

 

Rodríguez foi ademáis contundente con Santos, que se negou a responder as iniciativas do PSdeG sobre a grave situación que vive o centro de saude do Porriño polas súas altas temperaturas e a paralización do proxecto de reforma do mesmo, afirmando que “ Santos abandonou ós porriñeses á súa sorte”. Unha situación, afirma Rodríguez, intolerable.

 

Dende o PSOE afirman que “non podemos entender que un alcalde, sendo conscente desta situación, nin sequera se dignase a charmar ó Centro de Saude ou á Xunta para informarse do que acontece, e negue ademáis ó PSdeG a posibilidade de informalo do que acontece, xa que el só se adica a ir a festas e a enterros”

 

Rodríguez afirmou como conclusión que agardan que a Xunta cumpla os seus compromisos na reforma do centro de Saude do Porriño para que conte con todos os servizos que os Porriñeses se merecen.


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera