15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Os grupos socialistas de Porriño e Salce

Actualidade

Os grupos socialistas de Porriño e Salceda esixen a Xunta de Galicia os novos centros de saude de Salceda e Porriño e reforzar os medio do PAC do Porriño, que ten que asumir agora as urxencias de Salceda

Membros dos Grupo Municipais Socialistas do Porriño e Salceda, comparecen en roda de prensa para esixir a Xunta de Galicia, que acaba de desviar as urxencias de fin de semana do Concello de Salceda o Centro de Saude do Porriño, o novo centro de saude de Salceda e a reforma aprobada do Centro de Saude do Porriño.

 

20/07/2010

 

Os voceiros socialistas do Porriño, Ivan Vaqueiro e Fernando Rodriguez, de Salceda de Caselas, Enrique Cabaleiro, e o Secretario Provincial de Sanidade do PSdeG-PSOE de Pontevedra, Nicolas Gonzalez Casares, compareceron en roda de prensa na maña de hoxe para esixir a Xunta de Galicia que non abandone os servizos sanitarios dos Concellos de Porriño e Salceda, ante a nova acumulacion de tarefas que ben de asumir o Centro de Saude do Porriño, que agora ten que atender os fins de semana as urxencias dos veciños de Salceda.

 

Segundo Ivan Vaqueiro, Porriño e un concellos solidario e entendemos os problemas dos veciños de Salceda, pero asumir este servizo sen que a Xunta reforze os medios do Porriño non e asumible e empeora a calidade sanitaria. Esiximos a concelleira de sanidade e o alcalde a que que insten inmediatamente a Xunta de Galicia a que execute a obra comprometida polo goberno bipartito de ampliar o centro de saude de Porriño, e anunciou unha mocion nese sentido no vindeiro pleno.

 

Pola su aparte, Enrique Cabaleiro afirmou que os veciños de Salceda ven con preocupacion que s elles desplace a Porriño s opor recortar gasto sanitario e lembrou que o Concello de Salceda aprobou unha mocion, que conta coa poio de varios colectivos do Concello, instanto a Xunta a repoñer canto antes este servizo de urxencias de fin de semana en Salceda asi como a executar a obra do novo centro de saude de Salceda. Segundo Cabaleiro, todo Salceda clama po reste novo centgro de saude pero a Xunta non so non responde, senon que agora, recorta dereitos e servizos os veciños de Salceda

 

 O secretario provincial de sanidade do PSdeG-PSOE, Nicolas Gonzalez Casares, reafirmou a critica o PP e a Xunta de Galicia por exercer, baixo a ººapariencia dunha falsa austeridade, unha privatizacion e desmontaxe da sanidade galega, ben privatizandoa como no caso do novo hospital privado, ben desmontandoa pouco a pouco como esta a facer en Salceda e en Porriño”. Casares anunciou unha iniciativa parlamentaria do PSdeG para instar a Conselleria de sanidade a que repoña o servizo e adxudique as reformas do centro de saude do Porriño e o novo centro de saude de Salceda.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera