13 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Mocións / Moción para subsanación do mal estado en

Mocións

Moción para subsanación do mal estado en que se atopan as escaleiras para paso de peons na 1ª fase da parroquia de Torneiros.

Pleno municipal do 25 de setembro de 2008.

 

O Sr. Fernando Rodríguez Domínguez (PSdeG-PSOE) le a mocion contido no escrito data 22-09-2008  que presenta neste acto e que é do teor seguinte:

 

Na 1ª fase da parroquia de Torneiros hai unhas escaleiras que transucrren por toda a fase para o paso dos peons, estas escaleiras encontranse en moi mal estado, xa que teñen uns embelecedores de ferro, os cales estan rotos ou levantados provocando un grave risco a calqueira que pase por elas.

 

Os veciños levan reclamando deste concello unha solución xa que son un risco para calquer viandante, é mais, fai un mes un veciño tropezou e caíu por elas tendo que ser hospitalizado.

 

Os veciños de Torneiros xa teñen metido por rexistro dende fai anos escritos para que isto se arregle, sen nengunha contastación por parte do concello, é mais, eu mesmo entregueille un informe da parroquia ó concelleiro de vías e obras onde se marcaba estas escaleiras como moi perigosas.

 

O concelleiro de obras informoume que estaba a facer un proxecto para arreglar toda a fase, disto xa fai dous anos, o día de hoxe segue o mesmo problema.

 

O partido socialista do Porriño, solicita da corporación que se tome o seguinte acordo: que se acondicionen as escaleiras ou ben se retiren tódolos ferros de ditas escaleiras urxentemente mentras non se poida afrontar dita obra.

 

O Presidente somete a votación ordinaria a declaración de urxencia da moción resultando APROBADA por UNANIMIDADE dos concelleiros/as presentes do Pleno da Corporación.

 

Sometida a votación ordinaria o fondo da anterior moción resulta APROBADA POR UNANIMIDADE.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera