15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE insta ó goberno local a non desap

Actualidade

O PSOE insta ó goberno local a non desaproveitar ás axudas da Xunta de Galicia para o soterramento de liñas de alta tensión en Atios

O Grupo Municipal Socialista, instou una mañá de hoxe ó Concello para que non desaproveite aliña de subvencións abertas pola Xunta, par ao soterramento de tendidos de alta tensión no municipio como no caso de Atios.

 

19/06/2010

 


O grupo municipal socialista instou hoxe ó goberno local a que presente propostas á liña de subvencións aberta pola Xunta de Galicia para o soterramento de liñas de alta tensión ó seu paso polo Porriño, como é o caso entre outras do tendido que atravesa a parroquia de Atios.

 

Segundo os socialistas, se trata dunha liña de subvencións que o Concello non debe desaproveitar, xa que en moitos casos, a cercanía das mesmas a moitos nucleos de poboación do Porriño, supoñen perigos e un alto impacto ambiental, polo que o Concello debe seguir a liña de soterramento iniciada.

 

Parroquias como Atios ou Budiño, ou as zonas industriais, soportan unha alta carga de tendidos de alta tensión, que deberían ser soterradas progresivamente, algo que é necesario, afirmaron os socialistas.

 

A este respecto, Ramón Giráldez Varela, vocal de Atios na Executiva Local Socialista, afirmou que o seu grupo fará ó goberno local unha proposta de soterramento do tendido de alta tensión que atravesa as Canteiras de Atios, desde Vilafría dirixindo unha nova liña soterrada pola estrada de Salceda, que sustituia a actual, que atravesa os barrios de Carbón, Vilafría, algo que tampouco perxudicaria o  monte comunal da parroquia de Atios, unha medida que os veciños levan tempo demandando.

 

Convenio Porriño-Xunta para o soterramento da alta tensión en Torneiros e o Polígono de As Gándaras.

 

Iván Vaqueiro afirmou tamén que pedirá informes ó goberno local das xestións mantidas coa Xunta de Galicia sobre o convenio de soterramento dos tendidos de alta tensión de Torneiros e do Polígono de As Gándaras asinado en 2007 e que remata esta ano, e salientou a importancia de executar eses convenios.

 

“Xa lle indicamos ó alcalde no pleno, que debe solicitar se fai falla, mediante unha adenda ós convenios de soterramento de Torneiros e das Gándaras, unha prorroga á Xunta para executar esas obras, ante a caducidade dos mesmos a finais de este ano. Non podemos permitirnos perder 5 millóns de euros en inversións da Xunta no Porriño neste eido, polo que instamos ó goberno local a que nos explique esta situación e as xestións que está a realizar neste eido.”


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera