15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE pide a convocatoria urxente da Xu

Actualidade

O PSOE pide a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces para tratar a situacion das vivendas do Bloque 23 de Torneiros ante a amenaza da Xunta os veciños.

O PSOE pide o goberno local a convocatoria urxente da xunta de portavoces para tratar a problematica das vivendas do Bloque 23 de Torneiros ante as presions da Xunta os Veciños

 

17/06/2010

 


O Portavoz Municipal Socialista, Ivan Vaqueiro e o Voceiro Socialista na Comision de Urbanismo do Concello do Porriño, Fernando Rodriguez, pediron hoxe a convocatoria extraordinaria-urxente da Xunta de portavoces ou da Comision de Urbanismo do Concello para tratar a situacion das Vivendas do Bloque 23 de Torneiros, afectadas polas obras do lindano, ante o ultimatum da Xunta que lles obriga a vender as vivendas, nalguns casos por un valor ata un 75% mais baratas do seu valor catastral e segundo os socialistas, incumplindo o acordo plenario de cesion de terreos para a construccion do novo inmoble de realoxo que obrigaba o IGVS a facer un realoxo sen costes no novo inmoble construido sobre o terreo municipal cedido.

 

O concelleiro Fernando Rodriguez cualificou o ultimatum da Xunta de Galicia os veciños de " incomprensible e abusivo", ultimatum que segundo o concelleiro, " o PSOE non vai permitir, pois cando o pleno votou a cesion de terreos para construir o novo inmoble, quedou moi claro que era para facer un realoxo das familias afectadas polo estado do edificio do Bloque 23".

 

Segundo Rodriguez, "a Xunta debe realoxar os veciños do Bloque 23 sen coste ou cando menos, cunha valoracion que se axuste a realidade. Non e posible que a propia Conselleria de Facenda valore un inmoble por 47.000 euros e logo o IGVS o tase en 12.000. ¿Que esta pasando aqui? ¿Onde esta o Concello?. Pedimos explicacions urxentes do Conselleiro Antonio Hernandez e do Alcalde Nelson Santos"

 

Rodriguez esixiu o Director Territorial da Conselleria, Andres Iglesias, que explique claramente por que se nega a facer as valoracions correctas e afirmou que o Concello debe apoiar as familias do Bloque 23 en vez de deixalas sen apoio. O concelleiro socialista afimou que o PSOE pedira que o Concello pague os gastos de defensa legal dos veciños ante esta postura de abasallamento da Xunta. "Non imos permitir que Xunta de ultimatums de 3 dias os veciños porque esto non e un estado policial"

 

Pola sua parte, Ivan Vaqueiro afirmou que en canto tiveron coñecemento desta situacion esta tarde, xa puxo en coñecemento do grupo parlamentario socialista esta situacion, e que a parlamentaria Mar Barcon interpelara o Conselleiro sobre esta cuestion e tratara personalmente con el este tema.

 

 Un Bloque afectado polas obras de retirada do lindano con graves grietas na sua estructura

 

         O Bloque 23 atopase ubicado na Fase IV de Torneiros, e alberga na actualidade a 16 familias. No      2003 o ex-alcalde Barros iniciou con Jose Cuiña xestions pàra que un novo edificio nunha parcela municipal que o Concello cederia a Xunta, servise para realoxar os veciños do inmoble danado. No seu momento, o propio Barros asegurara a oposicion no propio pleno, tal e como consta na acta  que "o que teña unha vivenda, daranlle unha equivalente sen prexuizo dalgunha ampliacion" (acta do pleno de 19-07-2001)

 


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera