15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Vaqueiro pide explicacions o goberno por

Actualidade

Vaqueiro pide explicacions o goberno por non rebaixarse os soldos e por temas urbanisticos

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista presentara no pleno unha iniciativa para pedir a rebaixa dos soldos de todo o goberno ante a negativa do goberno a presentar a rebaixa, asi como sobre o intento do goberno de conceder licencia a un supermercado cun informe en contra do secretario

 

29/05/2010

 


 O Voceiro municipal socialista do Porriño, Ivan Vaqueiro, amosouse hoxe moi duro co alcalde Nelson Santos e pediulle explicacions publicas a Nelson Santos e o goberno do Porriño non se rebaixan os seus soldos, como estan a facer todos os gobernos de España, e se teme que no futuro orzamento, queiran inda subirse mais os soldos. “Temos un alcalde que non se solidariza dos traballadores do Concello, e un goberno que non quere saber de rebaixas….” O socialista afirmou que o seu grupo si esta desposto a rebaixar os cobros por asistencia a plenos e comisions.

O Voceiro socialista aproveitou de novo para reclamar os novos orzamentos do Porriño e tildou de burla cidada o discurso de Santos durante a mocion de censura, na que afirmaba que Porriño non podia estar sen ornamentos, e agora en catro meses nin siquera chamaron os grupos para falar das liñas xerais do ornamento, e se adican tan so a facer populismo improductivo. “Son as 7 da tarde do dia 120 do goberno Santos e seguimos sen orzamentos. Se Santos non e capaz de gobernar, que dimita”

“A pesar de ter 5 adicacions exlusivas e tres parciais, e gastar 270.000 euros en soldos o ano, asi como 30.000 para o cuñado do alcalde, que e o seu secretario particular, este goberno e incapaz de gobernar. Son moitos os veciños que cada dia nos contan que o alcalde xa nin os recibe ou teñen que facer colas kilometricas e esperar horas para que os reciban. Voltamos os peores tempos do PP” 

 

Vaqueiro rematou a sua intervención afirmando pedindo o goberno que “se poña a traballar, se rebaixe o soldo como todas as administracions, e deixe as trapalladas urbanisticas”

 

Licencia con informe contrario da secretaria do Concello 

 

O Voceiro municipal socialista, amosouse tamen moi duro co alcalde Nelson Santos e pediulle explicacions publicas polo intento na ultima comision de goberno, de conceder licencia a un supermercado na rua Ramirans que contaba con informe contrario do secretario da corporacion, que xa fora denegada en 2009 por ocupar o local parte de zona verde privada de uso publico. “Nelson Santos e o goberno deben dar explicacions de porque voltou esta licencia denegada a comision de goberno. ¿Cal e a explicacion? ¿Pretendia vulnerar o Plan Xeral?

 

O voceiro socialista afirmou que presentara unha pregunta no pleno do luns o alcalde e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, para que expliquen por que esta licencia voltou para a sua aprobacion a comision de goberno local, tendo claramente un informe en contra”

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera