O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe que o seu grupo esixe ó goberno local respeto democrático ó pleno da Corporación e acusou ó actual alcalde de que sería “pouco demócrata” vulnerar a lexislación obrigatoria para a convocatoria de plenos, que esixe en poboacións de más de 5.000 habitantes, a celebración de cando menos, un pleno ordinario cada dous meses.
O Voceiro socialista, que citou o artigo 46 da Lei de Bases de Réxime Local que esixe a celebración de plenos ordinarios cada dous meses, afirmou que non serviría a convocatoria dun pleno extraordinario pois estes non permiten a participación da oposición a través de mocións e preguntas, e polo tanto, o goberno local non cupliría a Lei de Bases de Réxime Local.
Vaqueiro fixo unha seria advertencia a Santos de que a lei é de obrigado cumprimento, e criticou a escasa previsión do goberno local ó fixar os plenos ordinarios o último luns de cada dous meses aprobada o pasado 11 de Febreiro, xa que iso supría que ata o luns 26 de Abril, non se celebraría un pleno ordinario, algo que vulnera claramente a lei
Un goberno sen control
O Voceiro socialista afirmou que as formas do novo goberno deixan moito que desexar en materia de respeto á Coporación, e afirmou que o novo horario dos plenos pola mañá cada dous meses, non só é un intento descarado e antidemocrático de amordazar á oposición, senon sobre todo, “unha fuxida sen precedentes da labor de fiscalización e control que a Corporación debe ter sobre a xestión do goberno. “
Vaqueiro suxeiru ó alcalde que volva á “normalidade democrática” e remate con “estado de excepción” que quere impoñer no Poriño, negociando cos grupos da corporación os horarios dos plenos e das comisións e convocando en tempo e forma os plenos ordinarios. “O Partido Socialista non vai tolerar que se vulneren as normas que a Constitución e a lexislación local otorga a Corporación porque a democracia que tanto nos costou conquerír, non só consiste en presentarse ás eleccións, inda que non lle guste ó señor Santos.”