15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE celebra o apoio de Fomento á sua

Actualidade

O PSOE celebra o apoio de Fomento á sua proposta de Variante Ferroviaria do Porriño da alternativa 1 do TAV Vigo-Oporto como a confirmación do que dicía en 2007

O Secretario Xeral e Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, anunciou, tras a reunión mantida co Secretario de Estado de Infraestructuras, Victor Morlán co Delegado de Goberno Antón Louro, e co Deputado Luis Gómez Piña, que o goberno de España impulsará a variante ferroviaria de Porriño prevista na alternativa 1 do estudio informativo do tren de alta velocidade Vigo-Oporto publicada en 2007, e proposta polo PSOE do Porriño.

 

05/03/2010

 


O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, fixo público hoxe, tras a reunión mantida co Secretario de Estado de Infraestructuras, Victor Morlán, co Delegado de Goberno en Galicia, Antón Louro, co deputado socialista Luis Piña e coa plataforma en contra do paso a nivel, que Fomento impulsar as obras do tren de Alta Velocidade Vigo-Oporto para o 2013 apostando pola proposta que o PSOE do Porriño de variante ferroviaria incluida na alternativa 1 do tren de alta velocidade Vigo-Oporto.

 

Trátase da confirmación de que o que defendíamos no 2007 era verdade e a mellor proposta. Estamos moi contentos de que Fomento decida impulsar a alternativa 1 e a variante ferroviaria do Porriño que nos lle propuxemos. É a confirmación de que os 6 anos de traballo que levamos os socialistas do Porriño traballando neste tema, teñen a súa confirmación definitiva.”

 

Vaqueiro e Morlán trataron tamén aspectos relativos ó impulso necesario dun tren de pasaxeiros de mercancías entre Vigo e os Polígonos Industriais do Porriño, xa previsto nun recente estudio de ADIF, dada a importante cantidade de persoas que transcurren na actualidade entre Vigo-O Porriño cara as empresas da zona ou a conexión viaria Porriño-Torneiros.

 

O PSOE afirma que Santos non ten vergoña política

 

Pero o socialista foi moi duro co actual alcade Nelson Santos que agora se trata de sumar ó carro desta victoria para Porriño afirmando que “todo o mundo sabe que Nelson Santos, no 2007,  foi un dos que máis criticou a proposta do PSOE do Porriño e agora ten a desvergoña política de tratar de sumarse a unha proposta que atacou e desprestixiou. Se alguén loitou en solitario para que este proxecto fose adiante, foi o PSOE.  Santos tratou de hipotecar o futuro do Porriño pero agora non lle quedou outra que aceptar a proposta de Fomento como fixo onte porque era a máis sensata. Vaqueiro pediu a Santos que “cando menos, teña a cortesía política de recoñecer o traballo dos demáis e non pretender apropiarse del. Eso tan só o fan os bancos”. Este é en todo caso, un triunfo do Porriño, de todos e todas”


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera