15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE responde ó gobeno local que a sol

Actualidade

O PSOE responde ó gobeno local que a solución ó paso a nivel pasa por eliminar o trazado do casco urbán non por crear máis barreiras entre Porriño e Torneiros.

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista valorou hoxe a reunión que mantivo o gboerno local con de ADIF para estudiar a realización dun paso subterráneo de peóns para dar seguridade ó paso a nivel actual pechando a comunicación de Porriño con Torneiros, como unha proposta que pode xenerar máis problemas dos que soluciona Vaqueiro advertiu ó goberno local que a solución definitiva do paso a nivel chegará coa súa eliminación do casco urbán e non creando máis problemas e pechando a comunicación viaria entre Porriño e Torneiros.

 

25/02/2010

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, afirmou hoxe que o grupo socialista fará o posible por presionar a ADIF para que execute unha obra de seguridade no paso a nivel do Porriño, tras a reunión mantida onte polo goberno local con técnicos do organismo ferroviario e coñecer a proposta do goberno local que consistiría en pechar o tráfico entre Porriño e Torneiros e crear un paso subterráneo de peóns, pero valorou a proposta do goberno local de “parche temporal que pode crear máis problemas e non aporta solucións. O goberno debe estudiar moito máis o problema antes de facer propostas pouco traballadas e pedir colaboración ós grupos en vez de tirarse sen paracaidas, porque os porriñeses sons conscentes de que non é a solución idónea e xenera graves problemas de tráfico. Non vaiamos a perpetuar un problema como o do paso a nivel por medidas electoralistas”

 

Vaqueiro lembrou as xestións realizadas polo seu grupo ante Fomento dende o ano 2006 que fructificaron na variante ferroviaria do Porriño que vinculada ó Tren de Alta Velocidade Vigo-Oporto, eliminará o trazado urbán do paso a nivel, e afirmou que dende o pasado mes de decembro, data na que faleceu atropellado un veciño do Porriño, estamos en contacto permanente coa Delegación de Goberno en Galicia para procurar fórmulas de mellora, a corto prazo, de seguridade vial, das cales, a proposta polo goberno local, pode ser estudiada, pero terá que ser mellorada. “Convén estudiar mellor a proposta, dado que se pode xenerar un grave problema de tráfico entre Porriño e Torneiros, pois o paso a nivel é a súa única ruta de acceso e xeneraría graves problemas de tráfico, polo que debemos estudiar unha nova proposta.”

 

“Debemos buscar fórmulas a corto prazo de seguridade no paso a nivel, e sabemos que ADIF ten boa disposición, advertiu Vaqueiro, pero de xeito totalmente temporal e con sentido común, e en ningún caso pode supoñer a perpetuación do trazado ferroviario polo centro urbán, cuestión que se é a vontade do goberno local non podemos compartir. O PSOE do Porriño trasladará a ADIF que busque unha solución temporal, pero mellor planificada. Imos arrimar o hombro para que este tema se execute no máis corto prazo de tempo posible, pero tendo claro que a solución real pasa pola eliminación do paso a nivel, e o goberno local debe ter esto claro”

O Socialista criticou tamén que o Alcalde non trasladase tamén ó ADIF unha proposta para a realización doutro paso subteráneo no outro cruce do paso a nivel, o coñecido como o “camiño do colesterol”, cuestión que o seu grupo trasladará a ADIF.

 

Como conclusión, Vaqueiro pediu ó alcalde que dialogue e convoque xa ós grupos para consensuar estas iniciativas en vez de facer electoralismo con propostas pouco traballadas. “queremos traballar conxuntamente con Concello, pero así Nelson Santos vai moi mal. Pedimoslle que fale cons grupos. Torneiros e Porriño non permitirán novas barreiras.”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera