15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE amosa a súa preocupación polo pro

Actualidade

O PSOE amosa a súa preocupación polo proxecto dunha canteira en Chenlo.

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, que asistiu á reunión veciñal celebrada onte domingo na sede da entidade local de Chenlo, comparte a preocupación dos veciños da parroquia co proxecto da empresa David Fernandez de establecer unha canteira no barrio da Granxa e afirma que se trata dun espazo natural que se debe protexer.

 

22/02/2010

 

 

O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe, tras asistir onte, xunto con varios membros da executiva local socialista, á reunión veciñal convocada pola asociación de veciños de Chenlo, sobre a proposta da empresa David Fernandez, de establecer unha canteira no barrio da Granxa en Chenlo de máis de 120.000 metros cuadrados, que o grupo socialista requerirá o Concello e a Minas información do estado de tramitación deste proxecto ó que se opón ó considerar que “ empeora claramente a calidade de vida dos veciños, non aporta nada a parroquia e temos serias dúbidas de que non invada a zona definida como ampliación do parque natural de Monte Aloia, que Xunta pretende ampliar ata o Galiñeiro”


 

Vaqueiro afirmou que o PSOE, iniciará canto antes todas as pesquisas sobre este proxecto e pedirá ó goberno local que se posicione sobre o mesmo, habida conta do gran impacto ambiental que pode crearse nunha parroquia que non ten antecedentes nesta actividade a gran escala. “Non só o ruido ou a insalubridade representan un gran impacto desta actividade , senon tamén a devaluación paisaxística e do prezo do solo das vivendas colindantes dunha parroquia que sempre se caracterizou polo seu respeto medioambiental o entorno e calidade de vida”


 

Pregunta ó Concello e a Entidade Local Menor e reunión urxente da comisión informativa de Urbanismo, Vías e Obras


  O Voceiro socialista afirmou que o grupo municipal socialista presentará mañá pola mañá unha pregunta ó alcalde sobre este tema, e o instou a convocar de maneira urxente a comisión informativa de urbanismo, vías e obras para tratar este tema. O PSOE presentará tamén unha pregunta escrita á Entidade Local Menor de Chenlo para coñecer a súa opinión sobre este proxecto.

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera