13 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / O PSdeG-PSOE do Porriño abre unha Oficin

Vida Orgánica

O PSdeG-PSOE do Porriño abre unha Oficina de Atencion o Cidadan de luns a xoves, presenta a sua nova web e entra nas redes sociais facebook e Twiter.

O Secretario de Organizacion Local, Jose Carlos Diaz, presentou a Oficina de Atencion o Cidadan do PSdeG-PSOE do Porriño, como un servizo os porriñeses para que poidan informarse dos tramites municipais, facer propostas ou solucionar problemas coa administracion local.

 

19/02/2010

 


A Comision Executiva Local do PSdeG-PSOE puxo en marcha dende esta semana, a nova Oficina de Informacion Cidada, un servizo que permitira a calquer porriñes informarse sobre cuestions do Concello, realizar criticas, recibir informacion ou aportar propostas e iniciativas relativas o Concello do Porriño. O seu horario sera de 20:00 horas a 21:30 horas de luns a xoves todas as semanas.

 

Asi o informou o Secretario de Organizacion Local, Jose Carlos Diaz, que manifestou que a Oficina de Atencion o Cidadan do PSdeG-PSOE, vai permitir a moitos veciños poder resolver as suas dubidas e recibir informacion sobre as xestions que calquer veciño necesite do Concello. A Oficina permitira ademais, recibir informacion sobre o Plan Xeral, taxas e impostos municipais, obras que o Concello este realizando, ou trasladar queixas o Concello.

 

“Con esta medida, afirmou Diaz, o PSOE quere mellorar os servizos que presta os cidadans do Porriño e achegarse os problemas diarios dos porriñeses e porriñesas, que poderan incluso recibir a contestacion as suas dubidas por correo electronico, a traves da nosa paxina web www.porrino.psdeg-psoe.org.

 

Nova paxina web e presencia nas redes sociais

 

Pola sua parte, o Secretario de Comunicacion do PSdeG-PSOE, Anton Perez, presentou os avances dixitais do PSdeG-PSOE do Porriño, baixo o eslogan “PSOE Porriño 2.0”, que permitira un achegamento maior os porriñeses.

Anton Perez presentou a nova web do PSdeG-PSOE do Porriño, www.porrino.psdeg-psoe.org, onde os cidadans poden obter diferentes datos sobre a actividade do grupo socialista, notas de prensa, dossieres sectoriais e participar nas enquisas que periodicamente presenta o PSOE.

 

Ademais, o Secretario de Comunicacion, informou que o PSOE esta presente nas Redes Sociais Facebook, Twitter e dispon tamen dunha plataforma de imaxes na rede, a traves do seu Flikr. Perez anunciu que proximamente, o PSOE prepara o lanzamento da primeira television dixital do Porriño, PSOE Porriño TV, a traves do canal Youtube, e a presencia na rede social Tuenti.

 

“Tratase, afirmou Anton Perez, de dotarnos de mais capacidade dixital para que os porriñeses coñezan as nosas actividades e poidan opinar sobre as mesmas e aportar as suas opinions”. 


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera