15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Vaqueiro corrixe a Nelson Santos indicán

Actualidade

Vaqueiro corrixe a Nelson Santos indicándolle que nin Xunta nin Diputación teñen competencias ferroviarias e lle pide que se poña a traballar en serio en vez de facer demagoxia

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, advertiu a Nelson Santos que a solución do paso a nivel pasa por ADIF e por Fomento, e non por facer demagoxia

 

16/02/2010

 


O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe que o novo alcalde inda non se puxo a traballar en serio na resolución do problema do paso a nivel, e que só se adica a ir a manifestacións para poñer a caldo ós que realmente queremos resolver este problema, en vez de unificar criterios e dirixirse ás administracións que realmente teñen competencias.

 

“Apoiar a plataforma contra a vía, como apoiamos todos os partidos, non pode ser o único que faga un alcalde que en dúas semanas inda non moveu un dedo na dirección correcta. O señor Santos sabe, e se non é así, mal vamos, que nin a Xunta de Galicia nin a Deputación de Pontevedra teñen competencias para resolver o problema de seguridade do paso a nivel nin a solución de fondo do trazado. Invitamos ó alcalde a que cumpla o acordo plenario que el mesmo apoiou fai dous meses, convoque a xunta de portavoces e se poña ó frente da Corporación, en vez de adicarse a facer demagoxia.

 

Seguridade cidadá a corto prazo e medidas de seguridade do ADIF

 

Vaqueiro instou dende xa ó alcalde, a que a primeira medida que debe tomar é situar permanentemente un policía municipal no paso a nivel, e a pedir canto antes unha reunión co Ministerio de Fomento e co ADIF para tratar o tema da seguridade e informarse polos técnicos o estado do proxecto do AVE Vigo-Oporto e as alternativas propostas. “Todo o que non sexa traballar en esta liña é populismo electoralista que non imos consentir. ¿Cómo pode dicir o Alcalde ós porriñeses que inda teremos que agardar un ano a solucionar o problema da seguridade do paso a nivel?”

 

Vaqueiro afirmou que remitirá ó alcalde unha carta coa postura do PSdeG-PSOE do Porriño neste tema, e se non recibe contestación por parte do Alcalde, “tomaremos a iniciativa ante Fomento sen contar con el. Non imos aturar dilacións, por populismo ou inacción, de ningún tipo neste tema.


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera