15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE anuncia unha oposición crítica e

Actualidade

O PSOE anuncia unha oposición crítica e constructiva ó goberno de Nelson Santos

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe que reunirá a comisión executiva do PSdeG-PSOE do Porriño para valorar o pleno da moción de censura celebrado onte, e iniciar a súa labor de oposición ó novo goberno de Nelson Santos.

 

02/02/2010

 

Iván Vaqueiro, valorou hoxe o posicionamento do grupo municipal socialista no pleno da moción de censura celebrado onte, como clara e contundente a hora de opoñerse a esta moción de censura que colocou un “novo goberno desunido e sen proxecto na alcaldía do Porriño.”


 

Vaqueiro afirmou que as primeiras declaracións do Novo Alcalde, de que “non lle temblará o pulso á hora de gobernar”, son toda unha declaración de intencións que non deberían formar parte da linguaxe dun Alcalde. “Un Alcalde debe dialogar e consensuar antes de decidir, e non tomar decisións con puño de ferro sen contar con ninguén. Se esa vai ser a súa maneira de actuar, mal empezamos”


 

Segundo o secretario xeral dos socialistas, o PSOE ten a misión política daquí a 2011 de asumir o rol de alternativa ó novo goberno, e tal e como anunciaron no propio pleno, “queremos ser dende xa, a alternativa a este goberno de Nelson Santos, porque Porriño non se merece a vergoña que onte, tres partidos que andiveron á gresca 3 anos, queiran gobernar Porriño sen  proxecto nin ideas”


 

A executiva local do PSOE, realizará unha valoración do acontecido no pleno da moción de censura, e porá en marcha toda unha serie de iniciativas tendentes a sensibilizar ós porriñeses e porriñesas e a recoller as súas iniciativas para trasladalas ás institucións.


 

O PSOE do Porriño abre unha oficina permanente de atención ó cidadán toda a semana.


 

Como primeira medida, os socialistas abirán dende hoxe mesmo, unha oficina de información cidadá na sede do PSOE, que abrirá de luns a xoves de 8 a 10 da noite todos os días.


 “Queremos, afirmou Vaqueiro, que todos os veciños que teñan dúbidas, problemas ou iniciativas que queiran trasladar ó Concello, poidan dispoñer de cauces adecuados para facelos.” A oficina servirá ademáis, para informar ós veciños dos trámites e expedientes municipais, e informalos de calquer aspecto da administración local que necesiten.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera