15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE di que a mocion de censura faise

Actualidade

O PSOE di que a mocion de censura faise por medo a perder Porriño en 2011

O Grupo Municipal Socialista do Porriño, acompañados polo Sº de Organización Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra, Luis Piña, anunciaron hoxe o voto en contra da moción de censura que calificaron de tardía, sen proxecto e por interseses electoralistas e anunciaron a vontade do PSOE de liderar o cambio progrsista en 2011

 

22/01/2010

 

Os membros do grupo municipal socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, Josefa Sío y Fernando Rodríguez, acompañados do deputado e Sº de Organización Provincial do PSOE. Luis Gómez Piña, realizaron hoxe unha primeira valoración política da moción de censura presentada polos partidos PP, CxP e IdeP co obxectivo de situar a Nelson Santos, lider de CxP na Alcaldía do Porriño, afirmando que “esta moción de censura, se chega, chega fora de tempo, non resolve os problemas dos porriñeses e vai introducir parálise e confusión daquí ó 2011.  Só se fai por unha razón, o medo de Rafael Louzán a perder Porriño e a Deputación de Pontevedra”, afirmou Iván Vaqueiro

 

Segundo Iván Vaqueiro, esta moción carece dos dous elementos claves nunha moción “non atopamos a día de hoxe cal é o proxecto de Nelson Santos, nin que vaia a existir un goberno estable, pois as diferencias persoais e políticas dos asinantes, son púbicas e patentes. Esta moción non resolve os problemas de porriño, ó contrario, xenera parálise e confusión e indignación dos votantes do propio PP e IdeP. O señor Santos ten que explicar cal é a razón real desta moción.”

 

Vaqueiro manifestou que o PSOE votara en contra por coherencia, inda que lamentou que o Raul Frances se negase a dialogar con ninguén nestes dous anos, algo que levou finalmente ó entendemento da dereita. “Os socialistas fixemos todo o que puidemos para evitar a moción, ofrecendo posibilidades de reforzar o goberno local, pero foron infructuosos, ó negarse Frances dende o 2007 a negociar un goberno de maioría. Agora, seguiremos adiante coa nosa labor de oposición, que adiantou, será crítica co novo goberno, para asumir o liderazgo da maioría social que quere un alcalde progresista”

 

Pola súa parte, Luis Piña afirmou que esta moción se fai en clave provincial en non polos intereses do Porriño. “Ó señor Louzán non lle importou utilizar as institucións públicas para repartir prebendas con tal de garantizar o seu posto e forzar un cambio político incomprensible a menos de ano e medio das eleccións. Louzán prostitue a política en Pontevedra”

 

Piña afirmou que o PSdeG-PSOE apoia a posición dos socialistas do Porriño, e augurou unha oposición constructiva pero vixiante ó novo goberno. “Ábrese un escenario de cambio no Porriño de cara ó 2011 que o PSOE do Porriño ten a vontade de liderar, con ilusión e co convencemento de que esta moción de censura que chega tarde, sen proxecto nin equipo, non vai confundir ós porriñeses e porriñesas, que votarán un cambio na alcaldía. “

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera