O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, realizou hoxe unha primeira valoración política da probable moción de censura que mañá presentarán os partidos PP, CxP e IdeP co obxectivo de situar a Nelson Santos, lider de CxP na Alcaldía do Porriño, afirmando que “esta moción de censura, se chega, chega fora de tempo, non resolve os problemas dos porriñeses e vai introducir parálise e confusión daquí ó 2011. Só se fai por unha razón, o medo de Rafael Louzán a perder a Deputación de Pontevedra”
Así de rotundo se manifestou o voceiro socialista, que afirmou que “o señor Louzán non lle importou utilizar as institucións públicas para repartir prebendas con tal de garantizar o seu posto e forzar un cambio político incomprensible a menos de ano e medio das eleccións”
Segundo Iván Vaqueiro, de producirse a moción, o PSOE ten claro que votará inequívocamente en contra, como un exercivio de responsabilidade cos porriñeses e porriñesas que non se merecen esta pantomima do señor Rafael Louzán.
“Os socialistas fixemos todo o que puidemos para evitar a moción, ofrecendo posibilidades de reforzar o goberno local, pero foron infructuosos, ó negarse o BNG a negociar un goberno de maioría. Agora, seguiremos adiante coa nosa labor de oposición, que adiantou, será crítica co novo goberno, para asumir o liderazgo da maioría social contraria a esta moción”
Vaqueiro amosou o seu respeto democrático ós firmantes da moción, pero asegurou que a censura debe ir sempre acompañada dun proxecto de goberno alternativo, non simplemente dun conxunto de persoas que toman o poder, e non vemos, en toda a lexislatura, que estes tres partidos tivesen a máis mínima proposta conxunta, non teñen proxecto e non xeneran ilisión. Tería sido mellor agardar a que os cidadáns falasen nas urnas”
Como conclusión, Vaqueiro adiantou que “agardaremos a ver cales son as propostas que presenta o señor Santos no pleno de investidura, porque a día de hoxe, ninguén as coñece”