15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE pide a Frances que non esconda a

Actualidade

O PSOE pide a Frances que non esconda a sua irresponsabilidade na presentacion dos Orzamentos e o acusa de querer malvender o patrimonio municipal.

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista respondeu hoxe as criticas do Alcalde Raul Frances sobre a peticion do grupo socialista de que presente xa os Orzamentos de 2010 e lle pide que modere o seu tono nas suas criticas.

 

13/01/2010

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, respondeu hoxe as criticas de Raul Frances o PSOE que tildaba de “insulto a intelixencia” pedir que se presente o novo Orzamento de 2010 afirmando que “o unico insulto a intelixencia que existe no Porriño e o de adicarse a insultar os grupos da Corporacion como esta a facer con eses calificativos e a de pretender malvender o patrimonio municipal para enmascarar un orzamento irreal e inexecutable. E incomprensible que no 2009 e no 2010, como fan todos os Concellos de España, o Alcalde nin chamase para falar deste tema e agora queira botarlle a culpa os demais

O Voceiro Socialista tachou de incomprensibles os insultos que Frances realizou contra o seu grupo e lle pediu que os retirase de xeito inmediato. “O insulto e a descalificacion do libre exercicio democratico da critica constructiva dos grupos da Corporacion non pode nin debe ser a practica politica a seguir”


 

Os socialistas afirman non entender a postura do Alcalde que en vez de negociar, se pecha en banda e trata de escapar das suas responsabilidades diarias na elaboracion dos Orzamentos municipais de 2009 e 2010 o tempo que se adica a “bombardear mediaticamente” a todo aquel que trate de criticar a paralise que vive o Concello.


 

Vaqueiro lembrou a Frances que foi toda a Corporacion a que lle indicou o Alcalde que buscase fontes de financiacion das inversions que non supuxesen vender patrimonio municipal para facer obras. “Dixemos e seguimos dicindolle o BNG que o PSOE esta en contra de malvender patrimonio para facer obras. Se o Alcalde fixo un orzamento no 2008 irreal e inexecutable, a responsabilidade de non facer obras e enteiramente sua, afirmou Vaqueiro, que acusou o Alcalde de querer descapitalizar o Concello en vez de conseguir apoios de outras administracions ou xestionar mellor os ingresos do Concello. ¿Por que non resolve o Alcalde o concencioso das Canteiras? ¿Por que o Alcalde non xestiona os ingresos do Concello? Frances quere pan para hoxe e fame para maña malvendendo todas as parcelas dotacionais para facer obras, algo incomprensible. Non se pode entendes que levemos dous anos sen nin sequera plantexar un borrador de Orzamentos e que agora se culpe os demais


 

Incapacidade negociadora


 

Segundo o socialista, “a incapacidade para negociar do alcalde e patente, pois dende o ano 2008 non fixo nin unha soa chamada o dialogo para facer uns orzamentos realistas de ingresos e gastos, o cal e unha mostra da sua  prepotencia e sobervia no exercicio do seu cargo. Agora Frances pretende escurrir a sua responsabilidade como responsable da area de Facenda. A acumulacion de concellerias na persoa da alcaldia so esta a supoñer a paralizacion da xestion concello. Como mostra delo, a area de Facenda ou a de Persoal. Os Orzamentos non so incluen inversions, senon tamen cuestions basicas como a resolucion do convenio colectivo dos traballadores, as subvencions para os colexios, as partidas de benestar social, o apoio as asociacions de veciños, etc...”


 

“Pretender como fai Frances, botarlle a culpa os demais do que leva anos sen facer, non e a posicion que os cidadans esperan dun Alcalde”


 

Vaqueiro reiterou que a inexistencia dun orzamento e de xestion por parte do Concello, levou a perda non so da Subvencion de alumeado do Poligono de A Granxa, senon que podemos perder os case 4 millons de euros do soterramento das liñas de alta tension de Torneiros e de As Gandaras da Conselleria de Industria asi como outras que non se chegaron a pedir por falta da parte municipal de cofinanciacion”.


 Como conclusion, o socialista lamenta a actitude de Frances, e lle pide que modere o ton das suas criticas, pois a sua falta de capacidade de dialogo e a procura de consensos na Corporacion, esta consolidando a paralise que vive o Concello dende xuño de 2007, e reiterou a oferta dos socialistas para falar do novo Orzamento. “Se Frances nos chama para negociar o Orzamento, o PSOE sentarase a falar. Pero que o Alcalde lembre que cada ano se debe presentar un Orzamento”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera