15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE esixe ó goberno que presente xa o

Actualidade

O PSOE esixe ó goberno que presente xa o proxecto de orzamentos para o 2010

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista esixiu hoxe, tras contemplar que o goberno non presentara o orzamento no 2009, a presentación da proposta de orzamentos de 2010 para non seguir perdendo subvencións e ofreceu dialogo para aprobalos

 

11/01/2010

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, esixíu hoxe que non retrase máis o Orzamento do Concello, logo de dous anos sen presentar unha sóa proposta de proxecto de orzamentos ós grupos da Corporación. Vaqueiro, que dirixiu as súas criticas tamén ó Alcalde, responsable da área de Facenda, por non presentar en todo o 2009 un proxecto de orzamentos, lembroulle que estamos en xaneiro de 2010 e tampouco sabemos nada dos orzamentos de 2010.

 

 “Estamos perdendo subvencións de moitas administracións por non ter orzamentos vixentes con plans de inversión, afirmou o voceiro socialista, que indicou, a modo de exemplo, os 90.000 euros recentemente perdidos polo concello (concedidos polo INEGA para o alumeado do Polígono de A Granxa). É só un exemplo de mala xestión máis dos que existen no Concello” Vaqueiro incluso afirmou que o Concello perdeu moitas subvencións por non ter un orzamento no 2009.”

 

A única inversión, o Plan E 2009.

 

 “Se non fose pólo Plan E, o Concello, no 2009 non tería invertido case nada en obras, por non dicir nada de nada” Así de rotundo se amosou o voceiros socialista ó afirmar que as cifras de inversión municipal con cargo a fondos propios, leva anos paralizado por falta de xestión e realismo económico. “Agora o tempo nos da a razón, desgraciadamente para os Porriñeses. Porriño necesita un orzamento realista no que se poidan contemplar partidas executables de inversión, e iso faise falando cos grupos da Corporación. É indignante que en dous anos, o Alcalde nin nos chamara para falar dos orzamentos de 2009 e 2010  e estemos a perder subvencións. Do 2003 ó 2007, a Corporación votou en contra dos Orzamentos, pero polo menos, presentábanse, cousa que agora non pasa, nin se negocia.”

 

“O que se desprende desta situación é a desidia municipal dun goberno que non toma en serio as súas responsabilidades, nin busca consensos, nin negocia cós grupos nin presenta ideas. O Porriño necesita un orzamento real e realista ante a situación que vive a economía. Cuestións como o convenio colectivo non se poderán resolver sen un novo Orzamento e temos un goberno que non fai os seus deberes”.

 

Por último, Vaqueiro brindolle ó goberno un ofrecemento para falar xa sobre propostas para o Orzamento de este ano para non demoralo máis.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera